PDI Remexendo conciencias
▼
DICIONARIOS
▼
venres, 27 de novembro de 2015
mércores, 25 de novembro de 2015
martes, 24 de novembro de 2015
luns, 23 de novembro de 2015
domingo, 22 de novembro de 2015
25 de Novembro: Día internacional contra a violencia de xénero
Durante esta semana, na biblio de Pistacho queremos concienciar con contos e videos as xeracións do futuro, ao noso alumnado, da necesidade da eliminación de todo tipo de violencia. Queremos eliminar estereotipos e promover a reflexión sobre actitudes sexistas coas que convivimos a diario.
Achégate nos recreos á biblio!!!
Este luns poderemos ver ARTURO E CLEMENTINA!!
xoves, 19 de novembro de 2015
luns, 9 de novembro de 2015
E chegou o día!!! ELECCIÓNS NO COLE
Estábamos todos
nerviosos, ansiosos de ir a votar e de saber cal ía ser o lema gañador. Todo saíu
ben!! O presidente e os vogais fixeron o seu traballo a perfección. Todos fomos
a votar!! E ata tivemos unha visita dunha personalidade moi importante do
concello, o alcalde, o señor Antonio Negreira. Foi tan emocionante que o día
que seguramente volvamos a repetir!! Sentímonos importantes por poder decidir
algo todos xuntos. E grazas a iso, Pistacho e a biblio xa teñen lema gañador!!
LER CON PISTACHO,
MOLA UN CACHO
xoves, 5 de novembro de 2015
XORNADA DE REFLEXIÓN
No cole estamos reflexionando que lema escoller, porque mañá toca votar!!!
Como vedes non nos falta ningún detalle, xa temos preparada a cabina, as papeletas, as mesas para o presidente, secretario e vogal e as actas!!!
Mañá contarémosvos como saiu todo!!
mércores, 4 de novembro de 2015
XORNADA DE ELECCIÓNS NO COLE
O vindeiro venres decidiremos cal será o lema que mellor represente á biblioteca de Pistacho. Todo isto levarémolo a cabo de maneira moi profesional. Isto quere dicir que faremos unha xornada electoral con mesa (co seu presidente e vocais), urna, cabina e papeletas. Vai a ser moi divertido!! Por iso, acude e VOTA!!!!