bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 31 de maio de 2016

A PATRULLA CANINA SALVA A CHICALETA 3ºA

Yago Montesinos, Yago Brandariz, Iker, Iria, Gabriel e Roberto de 3ºA representaron a obra titulada "A PATRULLA CANINA SALVA A CHICALETA"

DON QUIXOTE DA MANCHA 5º

José e Ángel López de 5º representáronnos a obra de " DON QUIXOTE DA MANCHA"

THANKS RACHEL!!!

Hoxe, con moita tristura despedimos a unha persoa que estivo con nós durante este curso. Rachel, a auxiliar de conversa remata o seu labor no CPi de Bembibre. Con ela aprendemos cancións en inglés, xogamos, rimos, bailamos e sobre todo descrubrimos a gran mestra que ten dentro. Agora Rachel volve para Irlanda e desexámoslle o mellor na súa vida!! Grazas por todo!! 

WE WILL  MISS YOU!!













luns, 30 de maio de 2016

O BOSQUE MISTERIOSO 3ºB

Saúl, Mateo, Noa e Marina de 3ºB representaron a obra titulada "O BOSQUE MISTERIOSO"

A DESASTROSA VIAXE AO PASADO 6º

Adriana, Andrea Pensado, Ismael e Raúl de 6º representaron a obra de monicreques chamada " A DESASTROSA VIAXE AO PASADO".

venres, 27 de maio de 2016

"ROBIN HOOD" 4º

Adrián, Lucía, Héctor, Javi, Analía e Daniel representaron  a obra "ROBIN HOOD"


"OS 3 ENANIÑOS E A NOVA AVENTURA CON NOA" 3ºB

Francisca, Rubén, Raúl e Lucía de 3ºB , representaron a obra "OS 3 ENANIÑOS E A NOVA AVENTURA CON NOA"

FINA CASALDERREY

Que sorte tiveron os nenos de 3º, 4º e 6º de primaria. En pleno centro de Pontevedra, nun bonito parque, veunos visitar Fina Casalderrey e escribiunos dedicatorias nos libros que lle levamos!!! Foi xenial!! Moitas grazas Fina pola túa paciencia e por facernos unhas dedicatorias tan especiais!!









"OS POLÍTICOS SON ASÍ" 5º

Vanessa e Uxía de 5º de primaria, contáronnos cos seus monicreques a historia titulada "OS POLÍTICOS SON ASÍ"

"O PRÍNCIPE E A PRINCESA" 2º

Valeria, Nerea, Teresa, Iria, Iván, Dani, Brian e Claudia de 2º de Primaria representaron a obra "O PRÍNCIPE E A PRÍNCESA"

mércores, 25 de maio de 2016

martes, 24 de maio de 2016

"CANTOS MÁIS MELLOR" 5º

Melania, Yeray, Carla e Noa de 5º curso, representáronnos a obriña " Cantos máis mellor"

"OS DOUS XEMELGOS" 6º

Lucía e Sofía de 6º reprensentaron a obra: "Os dous xemelgos". Mirádea porque seguro que coñecedes algún personaxe!!!


luns, 23 de maio de 2016

"O QUIXOTE NO VAL DO DUBRA" 4º

Lucas, Manuel, Gonzalo e Antón de 4º de primaria  representáronnos una obra sobre o Quixote e Sancho Panza.


"ROCK STARS" 3º A

Lucía, María, Anahí, Andrea García, Andrea Iglesias, Carla e Uxía representáronnos cos seus monicreques a obra de Rock Stars!!!

TEATRIÑO DE MONICREQUES

Dende hoxe e durante dúas semanas, teremos na biblioteca nos recreos da mañá, obras feitas polo alumnado de primaria.
Convidámosvos a todos e todas a vir.
Aquí tendes o horario:

venres, 20 de maio de 2016

Semana de Manuel María

E con este mural, clausuramos a semana das Letras Galegas. Unha semana moi especial na que nos dou tempo a tocar a pandeireta, a gaita, a cantar, a recitar poemas e sobre todo a coñecer un dos escritores galegos máis próximo a nós, aos nenos. Gracias a todos e todas por participar nesta semana das Nosas Letras!!!

FOLIADA LETRAS GALEGAS III

Vaia festa montamos este venres!!! Melania, Alba e Antía tocaron e cantaron "O pasodobre de Bembibre", "Muiñeira de Requesende" e "Pasodobre de lendo".  Temos unhas compañeiras que o fan xenial!!! Escoitade:

 

Contacontos por Sole Felloza

Sole, veunos a contar por medio de pequenas historias a vida e obra deste gran escritor da Terra Chá, como é Manuel María. Ó que durante este semana lle estamos rendindo homenaxe no cole.

KARAOKE GALICIA-- MANUEL MARIA


FOLIADA LETRAS GALEGAS II

Hoxe tamén seguimos de foliada e puidemos gozar co son da gaita e da pandeireta  de Adrián e Alba que nos tocaron "Son da sega" e  " O galo"
E o alumnado de sexto, deleitounos con outro recitado de poemas de "Soños na gaiola"

xoves, 19 de maio de 2016

CONTACONTOS KALANDRAKA

Álex e Patricia viñeron hoxe a coñecer a Pistacho e a biblioteca de Bembibre. Nela contaron co acompañamento dos instrumentos que moi ben toca Álex. Un dos contos que máis nos gustou foi "A que sabe a lúa". Mirade as fotos!!


FOLIADA LETRAS GALEGAS

Mirade o que montamos na biblioteca o mércores!! Temos unhas pandereteiras que o fan xenial!!Hoxe tocaron a "Muiñeira de Requesende". 
Tamén os nenos e nenas de 6º recitaron uns poemas de Manuel María "Os soños na gaiola". Foi unha xornada moi especial!!


O CARRO MANUEL MARÍA

domingo, 15 de maio de 2016

Ata a fin do mundo!!

Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria acompañaron ao alumnado de Secundaria  no último tramo do camiño de Cee ata o faro de Fisterra.
Tivemos un día moi agradable e soleado para esta camiñata, na que non faltaron grandes vistas a unha marabillosa paisaxe como é a da Costa da Morte!

Mereceu a pena todo o esforzo feito!!!






mércores, 4 de maio de 2016

Manuel María

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

Este ano, o homenaxeado das Letras Galegas é MANUEL MARÍA. Se queres coñecer máis sobre a súa vida e obra, pica nas seguintes ligazóns e atoparás xogos en liña.

domingo, 1 de maio de 2016

Maletas viaxeiras

Esta semana empezamos cun novo proxecto!! Trátase da maleta vaixeira para familias. Dende esta semana tendes a vosa disposición, no recibidor do colexio, una estantería chea de libros para familias. Só tendes que acercarvos, coller o libro que máis vos interese e anotarvos no rexistro de préstamos!! Animádevos!!!

Photocall familiar

Esta semana tivemos unha morea de visitas de familias!! O photocall do Quixote, Sancho e Cervantes serviu para inmortalizar momentos moi divertidos!! Mirade que guapos saídes todos e todas!!
Para poder descargar as fotografías dirixídevos á Galería da páxina do CPI de Bembibre!!