Achégate ata a biblio, porque temos un recuncho dedicado a libros de valores para o día da paz.
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
xoves, 29 de xaneiro de 2015
mércores, 28 de xaneiro de 2015
Respírase PAZ no cole
Xa temos o cole preparado para recibir o día da paz. Cada clase fixo unha árbore, unha árbore da paz. Estas árbores xuntárémolas todas para facer o Bosque da PAZ.
Tamén recollemos citas de persoas que loitaron pola paz e as puxemos polas escaleiras do cole, para que sempre que pasemos por alí nos fagan pensar e nos lembren que a paz é todos os días.
E mirade tamén o bonito mural que fixeron en infantil.
luns, 26 de xaneiro de 2015
Novos libros, novas aventuras
Mirade PIRATAS, que morea de novos libros nos trouxo Pistacho!!! Xa os tedes na biblio para poder ler.
xoves, 8 de xaneiro de 2015
Felices vacacións piratas!!!!
Como son moi longas seguro que temos tempo a ler. Por iso Pistacho nos quixo facer unhas recomendacións de libros para pedir aos reis. Aquí a tendes. Clicade sobre a imaxe.
Visita de Mamá cabra
Como agasallo de Nadal, tivemos a sorte de disfrutar dun concerto de Mamá cabra. Mirade que ben o pasamos.
Contacontos de Nadal na biblioteca
Como Pistacho nos trouxo novos contos de Nadal, os nenos de sexto quixéronnos ler no recreo algúns deles. E como os peques non nos quixemos perder os contacontos, a biblioteca estaba ateigada de oíntes.
Tamén nos lemos contos unhas clases a outras na hora do proxecto lector.
Tamén nos lemos contos unhas clases a outras na hora do proxecto lector.
mércores, 7 de xaneiro de 2015
E co inverno chegou o Nadal
Non podía faltar a decoración das nosas portas e da nosa biblioteca. Ata Pistacho se puxo de gala e nos recomendou unha morea de libros de Nadal, entre eles a historia do Papanoel galego, sabedes como se chama? Pois o Apalpador.
Nestes días de Nadal os nenos tamén poideron participar nun concurso de postais, e coma sempre abraiáronnos coas súas creacións. Velaquí algunhas das gañadoras.
Nestes días de Nadal os nenos tamén poideron participar nun concurso de postais, e coma sempre abraiáronnos coas súas creacións. Velaquí algunhas das gañadoras.
venres, 2 de xaneiro de 2015
Contacontos por Samaín
No Samaín non podían faltar os relatos de medo, por iso poidemos escoitar durante toda a semana contos que daban un chisquiño de medo!
Un samaín de medo!!!
No mes de outubro celebramos o Samaín. E para iso decoramos o cole e sobre todo a nosa biblioteca. Mira que ben ambientadas quedaron as nosas portas!!! Tamén fixemos un concurso de caretas. Estes nenos son todos uns artistas, que medo daban!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)