bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

mércores, 22 de febreiro de 2023

Os mandatos do Meco deron inicio ao Entroido no cole. Este ano ademais quixemos achegarnos ás  personaxes típicas do Entroido en Galicia e con iso elaboramos un mural ben colorido! 



Aquí vos deixamos fotos e vídeos do día do Entroido, vaia festaza! O baile, a música, o desfile polo pobo, o chocolate e os disfraces fixeron do venres un día ben especial 🎭










mércores, 8 de febreiro de 2023

Xa comeza a ulir a Entroido no CPI de Bembibre e como queremos montar unha boa festa, aquí vos deixamos os mandatos do meco para que vaiades preparándovos para lucir as vosas mellores galas 🎭

Pistacho xa está desexoso de vervos para comprobar se vos recoñece pero que disfrace escollerá a nosa mascota este ano?

O venres, o meco, deixa vía libre para que nos sorprendades coas vosas máscaras e disfraces favoritos!🎉




mércores, 1 de febreiro de 2023

DÍA DA PAZ

No Día da Paz, coma todos os anos, saímos ao patio para realizar un acto simbólico. Este ano decidimos que era hora de coidar un pouquiño máis o medio ambiente e cambiar o lanzamento de globos por outra actividade en conxunto. Cada un/ unha de nós decorou unha pedriña con palabras referidas á paz e con todas elas creamos unha instalación para conmemorar este día. 

E como non, non podía faltar a música para acompañarnos!



Tamén tod@s colaboramos cunha pluma na creación dun mural na entrada do cole. Cada unha delas garda unha mensaxe moi importante para este día e para todos os demais. 


Outra das actividades foi unha instalación de pombas da paz cuxo carteliño ten as cores da bandeira de Ucraína e mensaxes que desexan o fin da guerra en todo o mundo e a volta da paz, pois como podía lerse nalgunha mensaxe, "A paz é moi bonita"!