bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 17 de setembro de 2019

Minuto de silencio

Non podemos máis que demostrar co noso minuto de silencio que estamos en contra da violencia de xénero. Por desgracia, hoxe tivémonos que xuntar para recordar as 3 vítimas de onte no concello de Valga. Mulleres que lles foi arrebata a vida en presencia de dous nenos. 
Toda a comunidade educativa do CPI de Bembibre  concentrouse en sinal de repulsa.
NON MÁIS MORTES, NON MÁIS VIOLENCIA MACHISTA.


Alumnado curso 2019/2020

Aquí vos presentamos ao alumnado que temos este curso!! E como non podía ser de outra maneira, están acompañados polos seus profes!!

Mirade que contentos están e con que enerxías comezamos o curso!!

mércores, 11 de setembro de 2019

Benvidos ao curso 2019/2020

Benvidos e benvidas ao curso 2019-2020!
Pistacho tiña moitas ganas de que o alumnado de Bembibre volvera ao cole porque se sentía moi só na biblioteca!!
 Espéranos un curso cargado de experiencias, sorpresas e novas aprendizaxes! Vide coas pilas  cargadas porque imos a facer unha morea de cousas.

En breve vos iremos contando novidades.

Feliz curso piratas!!!!