Esta semana, tocoulle a quenda a Xabier de Infantil 5 anos. Trouxo un rico biscoito de chocolate feito por el e a súa familia. A papar!!!
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
mércores, 21 de marzo de 2018
venres, 16 de marzo de 2018
Receitas viaxeiras
Chegáronnos fotos de Valentino coas mans na masa!!! É todo un cocinitas este neno e a súa familia!! Mirade que magdalenas fixeron seguindo o libro da mochila viaxeira!!!
Visita a Sogama
Dentro do noso proxecto "Recíclate con Sogama" , o alumnado de 4º e 6º de primaria, tivo a oportunidade de visitar a planta de reciclaxe de Sogama. Realizaron unha visita guiada pola planta e explicáronlle o proceso polo que pasa cando os residuos chegan alí.
martes, 13 de marzo de 2018
Xogos de reciclaxe
Este curso, como ben sabedes, estamos a traballar a reciclaxe e o medio ambiente. Queremos que nos axudedes a elaborar xogos con materiais reciclados ou que xa non usamos. Queremos que os nenos saiban que moitos materiais se poden aproveitar e darlles unha nova vida, cun fin lúdico!! Grazas a vosa colaboración poderemos crear un recuncho de xogos para os recreos.
Aquí vos deixamos algunhas fotos de cando nos veu visitar Xandobela cos seus xogos.
venres, 9 de marzo de 2018
MAXIA POLA IGUALDADE
Onte, no día da Muller Traballadora, grazas ao concello de Val do Dubra, poidemos disfrutar da maga Fani cun espectáculo chamado "Maxia pola igualdade". Un show de ilusionismo que nos amosou que non pasa nada se non gañas, que todos somos iguais e que o sentido do humor pode con todo.
xoves, 8 de marzo de 2018
Receitas viaxeiras
Esta semana, Elena de 2º de primaria, aprendeu a facer coa súa familia unha receita do libro de cociña da mochila viaxeira. E como é tan boa compañeira, trouxonos a proba. Uns ricos cupcakes!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)