bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

venres, 31 de maio de 2019

Antón Fraguas!

O alumnado de 6ºA, coa axuda da mestra Lucinda, prepararon unha obra de teatro para homenaxear ao autor das Letras Galegas deste ano, Antón Fraguas. Todo o alumnado do centro o poidemos desfrutar en directo, polo que vos deixamos un vídeo para compartilo convosco. Un merecido aplauso para tod@s el@s que o fixeron como auténticos profesionais!

Excursión Parque Arqueolóxico Campo Lameiro!

Este mércores o alumnado de primeiro quixo pechar o seu traballo da Prehistoria en Galicia realizando unha viaxe ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, na que disfrutaron e aprenderon un montón!

Excursión Castro de Doade e Casa do Patrón!

O pasado venres o alumnado de segundo realizou a súa excursión de fiin de curso ao Castro de Doade e a Casa do Patrón, encadrado no proxecto que este ano abarcamos no centro "A Prehistoria en Galicia". Tiveron a oportunidade de aprender moitas cousas relativas a esta época: útiles, materiais de uso doméstico, funcionamento dos mesmos... deixámosvos unhas imaxes e un vídeo para que vos poidades facer unha idea do que viviron.








"Como mola tu escoba"

Este xoves, os alumnos de 1º A, Joel, Kevin e Manuel intentaron representar a seguinte obra da que vos deixamos un resumo.

xoves, 30 de maio de 2019

"As gatiñas aventureiras"

Na participación do mércores, esta foi a obra que representaron as alumnas de 4º curso Tania, Verónica, Julia e María


"As tres amigas e o monstruo"

O martes est@s compañeir@s de cuarto, Triana, Paula, Abril e Pablo B. participaron nesta bonita función. Mirade:


luns, 27 de maio de 2019

"Bromas na escuridade"

E para rematar a mañá, @s alumn@s de 1ºA, Alba, Martín, Manuel e Carla quixeron amosarnos un contiño moi entretido . . .


"Os pobres"

Nova entrega dos monicreques. Comezamos a mañá con un grupo de alumnos de cuarto: Gabriel, Sabrina, Xairo , Elba e Leo

venres, 24 de maio de 2019

"¿Quién ha sido?"


Nova entregas de monicreques! Mateo Fraga, Raúl e Iván, animáronse a representarnos esta obriña! Grazas chicos!


xoves, 23 de maio de 2019

"La brujita Mimí"

Nova entrega dos monicreques! Un bo grupo de nenos e nenas de segundo representaron a súa obra hoxe: "La brujita Mimí"

luns, 20 de maio de 2019

"Sete ratos cegos"

Primeiros participantes do concurso de monicreques! Mirade que conto máis divertido e que ben o fixeron! Grazas por participar familia!


venres, 17 de maio de 2019

Día das Letras Galegas

Resultado de imagen de 17 DE MAIO DIA DAS LETRAS ANTONIO FRAGUAS

Feliz Día das Letras Galegas!! Esta semana no cole tivemos distintos actos con motivo da conmemoración deste día adicado a Antonio Fraguas. Asistimos a dous contacontos distintos: un achegounos aos bosques e a natureza reflictidos nas obras de Antonio Fraguas; e o outro aproximounos a un bo lote de pequenos e divertidos contos cos que nos sacou máis dun sorriso!
https://photos.app.goo.gl/BuQwA5AhYh54mnmG8

domingo, 5 de maio de 2019

Doces para Infantil!

Este venres tivemos a sorte de probar unhas rosquillas dignas dun concurso! Jesús e a súa familia elaboraron estes doces para os máis peques do cole. Dende aquí as nosas felicitacións, estaban boísimas!






xoves, 2 de maio de 2019

Excursión a Santiago!

Este luns, o alumnado de infantil fixemos unha excursión a Santiago! Primeiro fomos ao cine ver unha película moi animado que nos fascinou, "El parque mágico". Logo xantamos e xogamos un ratiño tod@s xunt@s, para despois intentar coñecer un pouco máis a cidade montados en tren. Que ben o pasamos!!