bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta entroido. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de febreiro de 2026

Entroido

 Este ano celebramos o Entroido cunha temática moi especial: o mar. O cole encheuse de cor, creatividade e ilusión grazas a uns disfraces espectaculares feitos na casa.

Tivemos polbos simpatiquísimos, chipiróns moi elegantes, medusas brillantes, peixiños de cores, e tamém buzos preparados para explorar o fondo mariño.

O máis bonito foi ver como cada disfraz era único, feito con agarimo, imaxinación e moito traballo en familia. Notouse o esforzo e a dedicación en cada detalle: tentáculos ben traballados, materiais reciclados, luces, pinturas… Un auténtico desfile mariñeiro!

Queremos facer unha felicitación moi especial ás familias.

O resultado foi marabilloso: os nenos e nenas estaban orgullosos dos seus disfraces, felices de poder ensinar o traballo feito en familia e gozaron dun día inesquecible.

Aquí vos deixamos as fotos deste Entroido tan mariñeiro. 🌊📸
Agardamos que as disfrutedes tanto como nós disfrutamos vendo desfilar a nosa pequena gran marea de artistas.

Grazas, familias, por facer escola connosco!

https://photos.app.goo.gl/VxuUaJAjtQLbV9jj8




domingo, 2 de marzo de 2025

Entroido

Deixámosvos o enlace ás fotos da festa de entroido. Tivemos un día solleiro no que puidemos desfilar polas rúas de Bembibre acompañados do cole de Portomouro e da asociación Avante. Finalmente acabamos a festa no pavillón bailando coa música e animación  de Uxío e tomando chocolate quentiño. Un día xenial!

venres, 14 de febreiro de 2025

ENTROIDO

 Xa chega o entroido e con el a festa!! Como todos os anos, vamos a poñer en marcha os mandatos do Meco. Este ano, vamos a homenaxear a un ilustre escritor que defendeu Galicia e a nosa lingua. Castelao, fai 75 anos da súa morte e este ano, é o ano de Castelao. Vamos intentar parecernos un pouquiño a Castelao  nesta semana. Aquí tendes os mandatos para que vaiades ao día.


sábado, 10 de febreiro de 2024

Desfile entroido 2024

 A mellor festa do ano, a do Entroido!! Xa podedes ver un pouquiño do desfile que tivo lugar no pabillón en Bembibre por mor da choiva. Tamén tendes o enlace ás fotos subidas. 

Desfrutade moito destos días!!!!

Fai clic para ver as fotos


venres, 2 de febreiro de 2024

Mandatos do Meco

 Xa chegou o entroidooo!! E con el os mandatos do Meco. Asique aquí vos deixamos os complementos que tendes que traer durante toda a semana que ven! Que ben o imos a pasar!! Viva o entroido!!!!





venres, 25 de febreiro de 2022

ENTROIDO 2022

 Aquí vos deixamos fotos e vídeos do día de hoxe. Foi unha festaza en toda regra!! Tivemos baile, música, chocolate e desfile polo pobo!!! 

Disfrutade moito do entroido rapazada!!! Vémonos o xoves!!!

venres, 18 de febreiro de 2022

Mandatos do Meco

 E o entroido está a chegar e Pistacho está feliz e contento porque é a época do ano que máis lle gusta. Pódese disfrazar do que queira e non ser recoñecido!!!! E tamén se pode fartar a orellas, filloas e cocido!!!

O venres teremos a grande festa de entroido no que poderedes vir disfrazados do que queirades. Pero este luns imos ir comezando pouquiño a pouco a converternos en alguén moi característico da cultura galega. A ver se o adiviñades!!!

domingo, 14 de febreiro de 2021

Entroido 2021

Aquí vos deixamos a mostra de que se pode pasar ben no entroido, ainda cumprindo todas as medidas de seguridade. Tendes un pequeno vídeo do desfile e tamén se clicades na foto de abaixo, lévavos directamente a unha carpeta chea de fotos!! Viva o entroido!!!







domingo, 23 de febreiro de 2020

ENTROIDO ROMANO

Que día tan bo fixo para saír polas rúas de Bembibre a ensinar os nosos disfraces romanos. Aquí vos deixamos fotos e un video do ben que o pasamos!!!

xoves, 20 de febreiro de 2020

AS MULLERES DO ENTROIDO

Aquí vos deixamos as fotos do noso precioso mural da entrada. Vinde a velo, porque descubriredes o bonito e interesante que é o entroido en Galicia. E xa non digamos o importantes que son as mulleres nel.

venres, 14 de febreiro de 2020

Mandatos do Meco

Aquí vos deixamos os mandatos do Meco. Lembrade que os complementos non teñen porque ser de temática romana.

sábado, 2 de marzo de 2019

Fotos do entroido!!

Este ano, a Prehistoria en Galicia encheu as rúas de Bembibre cos seus preciosos disfraces, moitas grazas familias!! Logo pasamos un rato moi agradable no pabellón municipal bailando e vendo as actuacións de tódolos compañeiros. E para quentar a barriga. . . un chocolate e uns doces. Que ben o pasamos!!
Ver fotos

luns, 14 de xaneiro de 2019

Adiantámonos ao Entroido!!

Este curso queremos anticiparnos un chisco ao ENTROIDO e para iso precisamos da vosa colaboración. Estamos a traballar a "PREHISTORIA EN GALICIA" tanto en Infantil como en Primaria e queremos trasladar este tema ao ENTROIDO de xeito que as nenas e nenos se disfracen de prehistóricos. O disfrace pode abarcar desde o periodo das cavernas ata a vida castrexa. Para iso necesitamos que participedes coas vosas fillas e fillos na súa elaboración e poidan recorrer, ao igual que outros anos, as rúas de Bembibre.
Se vos serve de axuda, podedes ter en conta que:
- Unha bolsa de lixo pode servirvos de patrón e podedes recubrila con retais cosidos.
- Pode ser dunha peza, tipo vestido, con calzado recuberto de retais.
- Pode ser de dúas pezas: unha parte ata a cintura ou xeonllos máis un pantalón ou  saia.
- Pode levar gorro ou casco, acorde co disfraz.
- Podedes utilizar sacos de esparto...
- Calquer adorno ou complemento que queirades engadirlle que non sexa perigoso nin poida facer dano aos demais (lanzas, arcos, coitelos, escudos...).
- Non vos preocupedes porque os disfraces sexan todos distintos, incluso os dos propios compañeiros da clase.
- Lembrade reutilizar todo aquel material que teñades pola casa.

Aquí vos deixamos unhas imaxes por se vos serven de axuda.

Grazas pola vosa colaboración.


venres, 2 de febreiro de 2018

Cartel gañador do Entroido

Xa temos o gañador do Concurso do cartel de entroido.  Noraboa a ANDREA IGLESIAS de 5º A.
Aquí vos deixamos as fotos do premiado e dos demais participantes.

mércores, 17 de xaneiro de 2018

CONCURSO CARTEL ENTROIDO

Pistacho xa está pensando en disfrazarse. Tanto lle gusta o entroido que pensou en facer un concurso. 
Os que queirades participar tendes que elaborar un cartel para anunciar o entroido no cole. Lembrade entregalo antes da data límite. 
O gañador terá a satisfacción de ver o seu cartel por todo o colexio.


domingo, 26 de febreiro de 2017

Entroido 2017!

E así foi o día do entroido en Bembibre. Cos nosos disfraces saímos polas rúas de Bembibre!! Como vedes teñen relación co Proxecto Documental de centro (PDI) sobre os países de fala hispano-protuguesa! Países como Brasil, Bolivia, México, Arxentina, Colombia, Cuba, Uruguay e Cabo Verde foron os elexidos para desfilar polo centro de Bembibre!!

venres, 24 de febreiro de 2017

Meco manda!

E aquí acabaron os mandatos do Meco!! Pasámolo xenial esta semana vindo con complementos moi divertidos e que daban un toque de humor aos pasillos e ás aulas do cole de Bembibre!!
Mañá preparados porque nos espera un día moi festivo polas rúas de Bembibre!! Esperámosvos a todos e todas para acompañarnos e ver o noso desfile de disfraces coa temática que levamos traballando no cole este curso, os países de fala hispano-portuguesa.