bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

xoves, 29 de novembro de 2018

Foto grupo 1ºB

Actualizamos a foto do grupo de 1ºB, xa que lle queremos dar a benvida ao noso novo compañeiro Luis. Benvido!!!!!

martes, 27 de novembro de 2018

Receitas viaxeiras

Mmmmm!!! Que delicia de receitas nos traen estes nenos. Desta vez, Dani de 6ºB tróuxonos uns ricos bombóns de chocolate e cereais. Mirade que pintaza!!!



luns, 26 de novembro de 2018

LA PUERTA VIOLETA

Queremos ensinarvos un video que fixemos co alumnado sobre a canción "La puerta violeta" de Rozalén. Unha canción que nos serviu para traballar este ano o día contra a violencia de xénero.
Facede clic no video para velo.


 Tamén vos deixamos outro pequeno video no que se mostra o noso mural e as portas decoradas para este día!!!

luns, 19 de novembro de 2018

Receitas viaxeiras

Esta semana, Izan, de 1ºB, trouxo un rico postre feito polo libro de cociña da mochila viaxeira!! Unha deliciosa torta de chocolate!!!!

martes, 13 de novembro de 2018

Premiados relatos de medo

Hoxe, fíxose entrega aos premiados, agasallos pola súa participación no concurso de relatos de medo que convoca o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.


luns, 12 de novembro de 2018

Video concurso de vasoiras

Aquí vos deixamos un pequeno video coas fotos das vasoiras e os pequenos bruxos e bruxas montados nelas!!


venres, 9 de novembro de 2018

Taller de convivencia

Hoxe tivemos un taller de convivencia no cole, coas aulas de 5 anos, 4º e 5º de primaria. Aquí vos deixamos algunhas fotiños!

Receita de galletas de choco

Desta vez tocoulle a Mateo de 6ºB, que nos trouxo a proba dunhas ricas galletas de chocolate con cereais, que sacou do libro de receitas da mochila viaxeira!! Estaban moi ricas!!!

martes, 6 de novembro de 2018

Gañadores concurso vasoiras

Foi un éxito absoluto a participación!! Grazas a todas as familias pola súa implicación e por entender esta actividade como algo positivo no que disfrutar cos nosos fillos e pasar un bo momento facendo cousas xuntos!! 

venres, 2 de novembro de 2018

Talleres Samaín e Magosto

Hoxe foi unha xornada diferente. Tivemos unhas mañá chea de talleres de Samaín, nos que fixemos manualidades, vimos pelis, contáronnos contos, xogamos e ata creamos contos nós mesmos!!
E pola tarde tivemos o Magosto e fartamos a comer castañas!!!
Facede clic na imaxe para ver as fotos.

Contacontos de medo

Esta semana na hora do proxecto lector, fixemos sesións de contacontos de medo. Os maiores léronlles contos aos pequenos!!