bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 31 de decembro de 2019

Carreira solidaria

Como imaxinaredes, non puidemos realizar a carreira solidaria por mor do tempo. Pero iso non nos frenou á hora de recaudar diñeiro para a loita contra o cancro infantil. Conseguimos un total de 1023,29€! Moitas gracias a todas as familias que coa compra das flores colaboraron con esta causa.

martes, 17 de decembro de 2019

Monicreques: O xogo de Nano

Este martes o alumnado de infantil puido disfrutar dunha sesión de monicreques no auditorio. Esta actividade foi realizada por Raquel Queizás e chamáballe  "O xogo de Nano". Sabemos de primeira man que os nenos e nenas sairon encantados desta actividade tan dinámica e interactiva!! Botádelle un ollo ás fotos.


mércores, 11 de decembro de 2019

ITINERARIO LECTOR

Dende a biblioteca escolar, e como proxecto de animación á lectura, imos a traballar con libros de lectura obrigada este curso.
Para iso, propoñemos que aproveitedes este Nadal para agasallar aos nenos e nenas con algún dos libros que terán que ler.
A volta das vacacións de Nadal terán que traer os libros da lista que lle tocan na súa aula.
Esta é a lista. 


martes, 10 de decembro de 2019

Obradoiros de narración oral

Onte e hoxe tivemos uns obradoiros de narración oral impartidos por Carmen Conde. Fixemos voar a nosa imaxinación para crear historietas tendo en conta a igualdade de xénero.


xoves, 28 de novembro de 2019

VIDEO RESUMO DO 25N

Vede este video que resume moi ben todo o que foi o día do 25 de novembro contra a violencia de xénero. Tamén podedes escoitar a canción que se elexiu para ese día: "Nunca ninguén" de A banda da loba.

martes, 26 de novembro de 2019

25N- Manifesto

O alumnado de sexto de primaria leu un manifesto para conmemorar este día. Co lema : NIN UNHA MÁIS NIN UNHA MENOS

25N Obra de teatro

Aquí vos imos ensinando todo o que aconteceu o 25 de novembro no colexio. Empezamos asistindo ao auditorio para ver 4 obriñas realizadas polo alumnado de cuarto e sexto de primaria. Merece a pena que as vexades porque fainos reflexionar sobre situacións da vida cotiá nas que deberíamos correxir algunhas conductas machistas. Pero sempre con ese toque de humor que lle pon a mestra Lucinda!

luns, 25 de novembro de 2019

25N contra a violencia de xénero

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos no colexio o día contra a violencia de xénero. Un día moi emotivo e cheo de diferentes actividades. Entre elas, unha obra de teatro, bailes, cancións, lectura de manifestos,.. Un día no que todos vestíamos unha camiseta branca cun lema moi claro #NINUNHAMENOS.
Deixámosvos un adianto. En breves vos ensinaremos máis.