bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 31 de decembro de 2018

Festival de Nadal

Aquí vos ensinamos como foi o Festival de Nadal que tiñamos preparado. Moitas horas de ensaio e moitos nervios pero finalmente saiu todo xenial. Os nenos e nenas do cole son unhas super estrelas!!! 
Desexarvos un Bo Nadal e Feliz 2019!!! Que veñades coas pilas cargadas para pasar un 2019 con moitas aprendizaxes e experiencias novas!! 



   Fai clic na imaxe para ver as fotos 
                                                  

venres, 21 de decembro de 2018

Taller de piruletas

Esta semana os nenos e nenas de Infantil B tiveron un taller de piruletas de chocolate con lacasitos!! Aquí vos deixamos un video para ensinarvos o ben que o pasamos e o ricas que lles quedaron as piruletas.


martes, 18 de decembro de 2018

Recomendacións lecturas Nadal

Aquí vos deixamos as recomendación de lecturas para o Nadal. Regalade libros, regalade lecturas este Nadal!

luns, 17 de decembro de 2018

MANUALIDADES DE NADAL

Grazas a todos vós, temos a entrada do cole con unha morea de adornos de Nadal. Todos caseiros  e super orixinais. Espero que disfrutarades moito facéndoos porque nós disfrutamos moito vendo a nosa exposición!!!

ITINERARIO LECTOR

Libros de lectura obrigada. Despois de Nadal, cada alumno terá que traer os libros que lle corresponden na súa aula!

sábado, 15 de decembro de 2018

Carreira solidaria Unicef

O venres 15 celebramos no colexio a Carreira solidaria "Gotas para Níger", iniciativa de UNICEF.
Ademais de facer deporte, pasámolo xenial xa que tanto infantil, primaria como secundaria nos xuntamos por unha boa causa. Moitas grazas por todos os donativos que nos chegaron. Ao longo destos días faremos público o recaudado. Agora vos deixamos unhas fotos e un vídeo desta carreira especial.



ACTUALIZAMOS: TOTAL RECAUDADO: 
702,67 €

venres, 14 de decembro de 2018

Postres viaxeiros

Hoxe chegounos outro postre de Julia, da mochila viaxeira de 6ºB. Os deliciosos bombóns de choco e cereais teñen moito éxito!! E os mestres hoxe tamén tiveron a súa proba, unhas rosquillas de choco. Pero como son tan larpeiros non dou nin tempo a facer unha foto!!!




Moble restaurado

Grazas ao alumnado que colaborou e ao profe Diego de 1º, restauramos no cole un moble vello que tiñamos. Agora vainos a dar utilidade no noso recuncho do sofá e o xardín vertical. Mirade como de algo inservible, se pode converter nun moble novo.