bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

xoves, 29 de xaneiro de 2015

mércores, 28 de xaneiro de 2015

Respírase PAZ no cole

Xa temos o cole preparado para recibir o día da paz. Cada clase fixo unha árbore, unha árbore da paz. Estas árbores xuntárémolas todas para facer o Bosque da PAZ. Tamén recollemos citas de persoas que loitaron pola paz e as puxemos polas escaleiras do cole, para que sempre que pasemos por alí nos fagan pensar e nos lembren que a paz é todos os días. E mirade tamén o bonito mural que fixeron en infantil.

xoves, 8 de xaneiro de 2015

Felices vacacións piratas!!!!

Como son moi longas seguro que temos tempo a ler. Por iso Pistacho  nos quixo facer unhas recomendacións de libros para pedir aos reis. Aquí a tendes. Clicade sobre a imaxe.


recomendacións nadal



Visita de Mamá cabra

Como agasallo de Nadal, tivemos a sorte de disfrutar dun concerto de Mamá cabra. Mirade que ben o pasamos.

Contacontos de Nadal na biblioteca

Como Pistacho nos trouxo novos contos de Nadal, os nenos de sexto quixéronnos ler no recreo algúns deles. E como os peques non nos quixemos perder os contacontos, a biblioteca estaba ateigada de oíntes.
Tamén nos lemos contos unhas clases a outras na hora do proxecto lector.

mércores, 7 de xaneiro de 2015

E co inverno chegou o Nadal

Non podía faltar a decoración das nosas portas e da nosa biblioteca. Ata Pistacho se puxo de gala e nos recomendou unha morea de libros de Nadal, entre eles a historia do Papanoel galego, sabedes como se chama? Pois o Apalpador. 
Nestes días de Nadal os nenos tamén poideron participar nun concurso de postais, e coma sempre abraiáronnos coas súas creacións. Velaquí algunhas das gañadoras.

venres, 2 de xaneiro de 2015

Contacontos por Samaín

No Samaín non podían faltar os relatos de medo, por iso poidemos escoitar durante toda a semana contos que daban un chisquiño de medo!

Un samaín de medo!!!

No mes de outubro celebramos o Samaín. E para iso decoramos o cole e sobre todo a nosa biblioteca. Mira que ben ambientadas quedaron as nosas portas!!! Tamén fixemos un concurso de caretas. Estes nenos son todos uns artistas, que medo daban!!