bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

venres, 31 de xaneiro de 2020

Día da Paz

Aquí vos deixamos fotos de como foi o noso día da Paz. O alumnado de 6º leu un manifesto. A continuación cantamos entre todos a canción de "Somos capitáns",  e finalmente fixemos algo que nos gusta moito todos os anos: a solta de globos con mensaxes de paz.
Tamén vos deixamos a pancarta do debuxo gañador que foi para Carla de 2º.

xoves, 30 de xaneiro de 2020

Todos somos capitáns

Esta é a canción do DÍA DA PAZ deste ano. "Todos somos capitáns" de Magín Blanco. Aquí podedes ver aos nosos nenos e nenas cantándoa e interpretándoa con lingua de signos.

martes, 7 de xaneiro de 2020

Fase comarcal Campo a través A Baña

Aquí vos deixamos este video-resumo da fase comarcal de campo a través celebrada na Baña no mes de decembro.
 Ide quentando motores para a fase intercomarcal que se vai celebrar en Noia.

mércores, 1 de xaneiro de 2020

Festival de Nadal

Por fin podemos ensinarvos o festival de Nadal. Saiu todo moi ben e os protagonistas, como sempre, non defraudaron. Aproveitamos para desexarvos un feliz ano 2020.