bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

venres, 28 de abril de 2017

Fina Casalderrey

E por fín chegou o día!! Fina Casalderrey veu visitarnos ao cole!! Visitounos na nosa biblioteca de Pistacho na que os nenos de infantil e 1º e 2º de primaria a estaban a esperar. Pasámolo moi ben falando con ela! E despois pasou pola biblioteca de Secundaria na que estaba o alumnado de 4º, 5º e 1º da ESO! Recibímola con gaitas!!! O alumnado de 1º da ESO tíñalle preparada unha presentación, o alumnado de 5º un recitado do libro "Un misterio na mochila de Alba" e o alumnado de 4º unha entrevista para saber máis sobre Fina!! Aquí tedes unha pequena mostra do que foi a visita de hoxe!  Gracias FINA!!!!



















xoves, 27 de abril de 2017

Receita cubana!!

Gracias ao proxecto que levamos a cabo este ano no colexio, sobre os países de fala hispano-portuguesa, hoxe o alumnado de 4ºB de primaria, convertéronse en cociñeiros e elaboraron unha exquisita receita de Cuba. Fixemos un sándwich cubano. Aquí temos a mostra da xornada. Tamén tendes un video coa receita por se queredes elaborala. Nós recomendámosvos facela porque estaba moi rico!!