bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta camiño de Santiago b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta camiño de Santiago b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 18 de outubro de 2025
Fotos Sarria-Portomarín
No seguinte enlace tendes algunhas fotos da 1 etapa do Camiño de Santiago.
Foi unha xornada intensa e chea de esforzo, con subidas, baixadas e moitos quilómetros por diante… pero conseguímolo! 💪
Rematamos cansos, pero felices, orgullosos de cada paso e da forza do grupo. ¡Unha gran aventura que acaba de comezar!
martes, 14 de outubro de 2025
Camiño de Santiago
Este venres comezaremos unha nova aventura, o alumnado de secundaria e 5º e 6º de EP realizará por etapas o camiño francés dende Sarria. Aquí vos deixamos algunhas curiosidades sobre as etapas que imos realizar. BO CAMIÑO!!
Presentación - Camiño de Santiago
mércores, 16 de outubro de 2019
Etapa 1: Allariz- Ourense
Este venres 11, o alumnado de 5º e 6º de primaria, o alumnado de Secundaria e 5º e 6º de Portomouro, emprenderon unha etapa do Camiño Sanabrés, que forma parte da Vía da Prata. Este camiño sae realmente dende Sevilla.
Pero eles saíron dende Allariz. Foron 22 km de aventuras e paisaxes.
luns, 28 de maio de 2018
5º ETAPA CAMIÑO DE SANTIAGO
Quinta e derradeira etapa do Camiño de Santiago. Saímos dende Pedrouzo con destino Santiago de Compostela. O día non puido estar mellor para camiñar, sen choiva e algo anubrado.
Levamos moi bo ritmo e sobre as 16.00 h. puxemos o pé na Praza do Obradoiro.
Foi unha experiencia moi enriquecedora e emocionante. Facer o Camiño todos xuntos, serviunos para animarnos uns aos outros e para darnos conta que cun pouco de esforzo e sacrificio podemos conseguir o que nos propoñamos. Foron 100 km cheos de vivencias e momentos inesquecibles. Vivimos Galicia e sentímola grazas as súas paisaxes e camiños cheos de beleza.
Grazas a todos e a todas por formar parte deste camiño. E grazas aos voluntarios de Protección Civil por estar aí e axudarnos tanto!!
luns, 21 de maio de 2018
4º ETAPA CAMIÑO DE SANTIAGO
O mércores 16 de Maio, fixemos a seguinte etapa do Camiño de Santiago: Arzúa- Pedrouzo. Foron 19,1 km con un clima moi bo. Fomos algo máis lentos do normal pero acabamos sen ningún incidente. Unha etapa con case ningún monumento histórico que ver pero con moita beleza en canto a paisaxes e natureza.
mércores, 2 de maio de 2018
3º ETAPA: PALAS DE REI- ARZÚA
Este luns 30 de Abril, continuamos coa 3º etapa do Camiño de Santiago: Palas de Rei- Arzúa.
28,8 km dunha etapa denominada "Rompepernas" polas súas subidas e baixadas.
Pero nós, uns rapaces e rapazas tan preparados, non tivemos ningún tipo de problema en acabala en moi boas condicións.
O Camiño, unha experiencia única, emocionante, alucinante, extraordinaria,... Desexando facer a seguinte etapa!!
Aquí vos deixamos un video mostrándovos o que vimos e vivimos.
luns, 13 de novembro de 2017
2º ETAPA: PORTOMARÍN-PALAS DE REI
O venres 10 de novembro fixemos a 2º etapa do Camiño de Santiago, Portomarín- Palas de Rei. Como novidade nesta etapa, aproveitamos para realizar algunha preguntiña aos peregrinos que nos fomos atopando.
O último video é un resumo de todo o que fomos vendo e por onde fomos pasando. Como na etapa anterior foi unha experiencia única e moi enriquecedora.
O último video é un resumo de todo o que fomos vendo e por onde fomos pasando. Como na etapa anterior foi unha experiencia única e moi enriquecedora.
martes, 7 de novembro de 2017
O NOSO CAMIÑO
Xa temos un mural para plasmar todo o que nos está aportando e nos vai aportar facer o Camiño de Santiago francés. Este venres facemos a 2º etapa: Portomarín- Palas de Rei.
sábado, 14 de outubro de 2017
Camiñante, non hai camiño, faise camiño ao andar
E como queremos facer camiño, esta vez tocou saír da biblio de Pistacho e do cole e deixar as nosas pegadas como peregrinos no Camiño francés cara Santiago de Compostela.
Sen volver a vista atrás, conseguimos deixar Sarria e chegar a Portomarín! Con pedras e po no camiño, con moitas costas e baixadas, coa suor na fronte pero con moitas gañas de crecer e facer camiño.
Foi unha experiencia moi boa na que disfrutamos da natureza e das marabillosas paisaxes que nos brinda Galicia. Veunos xenial porque este ano imos a realizar un proxecto a nivel de centro chamado "Remexendo conciencias" no que imos ver as diferentes paisaxes e como coidalas. E neste tramo do camiño vimos as paisaxes tan bonitas que ten Galicia e tamén apreciamos a escaseza de auga que ten o solo.
Sen lugar a dúbidas, unha experiencia única! BO CAMIÑO!
Sen lugar a dúbidas, unha experiencia única! BO CAMIÑO!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

