bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

xoves, 31 de marzo de 2016

Recollida de libros

Está sendo un éxito!! A participación é altísima!! Moitas grazas a todos e todas por participar!! Lembrade que mañá é o último día para entregar libros.








mércores, 30 de marzo de 2016

MERCADIÑO DO LIBRO

 Hoxe empezamos cunha nova actividade. A Pistacho ocorréuselle unha idea xenial!  Como temos libros na casa que xa lemos e temos aburridos, podemos intercambialos con outros compañeiros. Durante esta semana estamos a intercambiar libros por VALES, que despois poderás canxear por outros libros.
O mercadiño celebrarase o luns 4 e o martes 5. Non perdas os teus vales.

venres, 18 de marzo de 2016

Visita de Breogán Riveiro

Encantadísimos quedamos de coñecer ao escritor Breogán Riveiro!!! Estábamos ansiosos de velo, despois de ler os seus dous libros "Olga e o dinosaurio" e "Tonecho de Rebordechao". Poidémoslle preguntar todas as curiosidades que nos xurdiron ao ler os libros. Rímonos moito con Breogán e descubrimos que é  unha persoa como nós e que como el nos dixo, todos podemos ser escritores porque todos temos algo que contar ao mundo!!!

GRAZAS BREOGÁN POLA TÚA VISITA!!!

martes, 15 de marzo de 2016

Éxito dos audiolibros

Mañá na hora do recreo clausuraremos as xornadas de Audiolibros. Todas as clases participaron e foi todo un éxito.

Dende logo para o ano repetiremos!!! Se os queredes volver escoitar, están a dereita desta  páxina!!

Moitas grazas a todos e todas por participar!!!!

LÚA