bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

mércores, 28 de xuño de 2017

Ata sempre!!!

Aquí vos quedan unhas fotiños de recordo da profe Pilar con todos os seus alumnos do CPI de Bembibre. Grazas por todo, desexámosche moita sorte na túa nova andaina.



martes, 27 de xuño de 2017

GRADUACIÓN 6º PRIMARIA E INFANTIL

Un ano máis, despedimos aos nenos e nenas de 6º de primaria que se van a unha nova etapa no instituto. Moitos parabéns aos graduados e a súa mestra Amalia por formar parte importante deste proceso de crecemento e superación.
Tamén despedimos aos pequenos de 5 anos de infantil que para o ano xa serán de primaria. Uns pequenos que fai nada entraron na aula de 3 aniños e agora xa son todos uns chicos grandes!! Gracias a súa profe Iría por axudarlles a crecer e a aprender.



luns, 26 de xuño de 2017

PHOTOCALL PAÍSES

Para finalizar co noso proxecto dos países de fala hispano-portuguesa e como colofón final, realizamos un photocall cos traxes típicos dos países que estivemos traballando ao longo deste curso. Atrás quedan unha morea de actividades, todas elas relacionadas para coñecer un pouquiño máis estes países que están tan lonxe pero á vez cunha lingua moi parecida a nosa. Atrás queda un moi bo traballo dirixido polos mestres e mestras que decidiron participar. Gracias a todos e todas polo esforzo feito para conseguir entre todos un gran proxecto!!

BIBLIOKARAOKE

E aquí temos o karaoke deste ano. Moito nivel e moitas ganas de pasalo ben!!!!

xoves, 22 de xuño de 2017

CONTO VIAXEIRO

E aquí temos en exclusiva, o conto viaxeiro deste ano. PISTACHO tivo moita sorte xa que viaxou por boa parte do mundo, en concreto polos países que traballamos no proxecto da biblio, os países de fala hispano-portuguesa. Dende BRASIL A BOLIVIA, MÉXICO, ARXENTINA, COLOMBIA, CUBA, URUGUAY E CABO VERDE.
Este conto foi realizado por todo o alumnado de infantil ata primaria. GRACIAS por colaborar e facelo tan ben!!!


LECTURAS DE VERÁN

Aquí vos deixamos as recomendacións de contos para este verán. Temos contos por idades e tamén en inglés!! Aproveitade o verán para descansar, disfrutar e ler algún conto!! Xa sabedes, 
<Ler con Pistacho mola un cacho>

A CEBRA CAMILA

Mirade que conto estiveron traballando os nenos e nenas da aula de 3 anos de infantil coa súa profe Pilar. Sóavos? É a CEBRA CAMILA. Pois vouvos ensinar unhas fotos do traballo que realizaron sobre este conto e todo o que aprenderon gracias a el!!!