bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 21 de decembro de 2021

Visita de Papá Noel!!!

 E chegou Papá Noel ao noso cole!!! Tiñamos moitas ganas de velo. Ainda que a emoción as veces púxonos nerviosos e tiñamos vergoña e outras veces ata nos asustamos!!! Iso si, quixemos quitar unho foto con el para ter a proba de que vimos a Papá Noel!!!


Talleres de Nadal 2021

 Que días tan especiais e bonitos estamos tendo. Este luns estivemos facendo talleres de Nadal nas diferentes aulas. Pasámolo xenial facendo manualidades e vendo pelis de Nadal. Facede clic e vede as fotos!!

sábado, 18 de decembro de 2021

Buzón real

 Xa temos o Buzón real listo no cole. Pistacho, da man de algunha axudanta, fixo este buzón tan bonito para recibir as cartas de todos os nenos e nenas de Bembibre. Asique lembrade pasar a depositar a vosa carta, tanto para Papá Noel como para os Reis Magos!!! 



luns, 13 de decembro de 2021

CARREIRA SOLIDARIA

 Hoxe poidemos celebrar a carreira solidaria contra a leucemia infantil. 

Como vos comentamos, este ano colaboramos coa fundación Unoentrecienmil para a investigación da leucemia infantil.

Aquí vos deixamos fotos e un pequeno vídeo de como se desenvolveu. Moitas grazas a todos por participar!! Pronto vos diremos a cantidade que poderemos aportar a esta causa.

#unoentrecienmil    #vueltaalcolexlaleucemia



Chegou o Nadal

 O noso cole xa está preparado para recibir e festexar o Nadal e finalizar este 2021 tan atípico caracterizado polas medidas anticovid.

Todos nós, desexamos que o 2022 veña cargado de normalidade e moita saúde para todos.

Por iso, decoramos o centro cheo de ilusións, vendo nos máis cativos grandes sorrisos e miradas cheas de esperanza. 

Deixamos unha pequena mostra do Cpi de Bembibre cheo de brilli-brilli!!!









mércores, 1 de decembro de 2021

Carreira solidaria

Este ano, realizaremos a carreira solidaria, o 3 de decembro, día internacional das persoas con discapacidade. Os fondos recaudados irán a favor da fundación Unoentrecienmil, que buscan a maneira de curar a todos os peques enfermos de leucemia e invirten en investigación. 

O proxecto solidario chámase A VOLTA AO COLE CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL. 
 A cada participante daráselle un dorsal non numerado, posto que a carreira é cooperativa, non competitiva. Ganan os nenos afectados de leucemia porque teñen un motivo máis para a esperanza. 

 Todo o recaudado se anunciará por aquí.


venres, 26 de novembro de 2021

25N para a eliminación da violencia contra as mulleres

 Hoxe tocou alzar a voz e poñer o noso gran de area para acabar coa violencia contra as mulleres. Dende o CPI de Bembibre realizamos unhas pancartas para visibilizar a nosa protesta contra esta lacra. Tamén o alumnado de 6º da man da nosa sempre profe Lucinda, realizaron unha obra de teatro con situacións da vida cotiá nas que se vive a violencia cara as mulleres. 

Aquí tendes unha mostra do día.



mércores, 17 de novembro de 2021

Saída ao Museo de HIstoria Natural

Hoxe, o alumnado de 1º e 2º de primaria realizaron unha saída didáctica ao Museo de Historia Natural en Santiago de Compostela. Nela aprendemos os cinco reinos, paseamos pola fraga, coñecemos unha morea de minerais que hai no mundo, entramos a unha caixa forte con diamantes, tamén adentrámonos nunha mina onde se extraen os minerais, vimos un esqueleto dun gorila, aprendemos un pouco máis das tartarugas, dos invertebrados mariños, dos cantís, e dos diferentes animais que hai por todos os continentes. Ata atopamos  un cofre na mina e realizamos un escape room moi interesante. A verdade que foi unha visita moi interesante e completa.

Aquí tendes unha mostra deste día! 



luns, 8 de novembro de 2021

Soños terroríficos

 Despois de ler todos os soños terroríficos entregados no certame que se convocou para o Samaín, só podemos felicitarvos polo gran traballo realizado. E para iso, repartimos entre todos os participantes estas chapas diseñadas especialmente para esta ocasión. Moitas grazas a todos por participar!!!

sábado, 30 de outubro de 2021

SAMAÍN E MAGOSTO

 Que ben o pasamos hoxe. Foi un día moi especial e diferente. Disfrutamos moito porque poidemos vir disfrazados ao cole. Ata os profes estaban disfrazados!!! Tamén decoramos o cole para a ocasión. O que máis nos gustou foi decorar as portas do cole. 

Despois no recreo tamén celebramos o Magosto, comemos castañas a esgalla! Estaban boísimas! E para rematar o día fixemos un taller de Samaín nas nosas aulas!!! 

Aquí vos deixamos mostra do día tan intenso que tivemos! Aproveitamos para desexarvos unha boa ponte e que descansedes moito. Vémonos pronto!!!



martes, 26 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Aquí vos deixamos unha mostra do que disfrutamos deste día. Xa que temos  a biblio en obras, quitamos os libros ao patio e puxémonos a ler cos raíños de sol. Que mellor maneira de conmemorar este día que lendo libros!!!



domingo, 24 de outubro de 2021

Día das bibliotecas

 Hoxe, día 24 de outubto, día das bibliotecas, vos deixamos unha presentación que fixemos para conmemorar este día. Ademais das actividades que se realizarán no cole, con esta presentación podemos aprender e coñecer algunhas das bibliotecas máis importantes do mundo!!! 

venres, 22 de outubro de 2021

Roteiro á fervenza do Rexedoiro

 Ola a todos!!! Aquí vos deixamos as fotos do alumnado de 3º que hoxe fixo un roteiro polos arredores de Bembibre. En concreto, fixeron o roteiro cara a fervenza do Rexedoiro. Foi algo durilla pero dende logo, vendo as fotos, mereceu a pena. Na camiñata fomos coñecendo  e observando diferentes plantas e árbores da contorna e tamén recalcamos a importancia de manter limpos os montes e coidalos. 


Visita de Charo Pita

 A semana pasada tivemos a visita da escritora Charo Pita para ensinarnos o seu libro "No país do vento". O alumnado de infantil puido disfrutar dun contacontos musicado da man desta gran escritora que nos contou as aventuras que lle pasaron no país do vento. 


martes, 12 de outubro de 2021

Alumnado 2021/2022

Como todos os anos, vos deixamos as fotos de todos os nosos grupos. Como creceron estes cativos!! Con moitas gañas deste novo curso cheo de aventuras!! Comezamos!!!