bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 27 de outubro de 2020

GRUPOS 2020/2021

 Este ano con algo de retraso e con un novo complemento que está de moda, a mascarilla. Aquí vos mostramos os grupos deste curso. Con estas fotos, damos por inaugurado o curso 2020/2021!!

Comezamos!!! Con moita forza e gañas de que o coronavirus non nos estropee un curso atípico e cheo de aprendizaxes e aventuras!!!

sábado, 24 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola a todos e a todas.

 Hoxe, 24 de outubro é o día das bibliotecas escolares. E como todos os anos celebrámolo como se merece. Este ano, aínda que non nos poidamos xuntar nin poidamos ir á biblio todos xuntos, Pistacho tivo a gran idea de facer un vídeo no que cada aula dramatizou un conto da biblio. 

Quedounos moi chulo!!! Mirade!

mércores, 7 de outubro de 2020

Os Bolechas véñennos visitar

 Hoxe tivemos a visita dos Bolechas que nos viñeron explicar ao nenos e nenas de 4º como funciona o centro de emerxencias 112. 

Explicáronnos como temos que facer para chamar, que debemos estar calmados para poder falar e que nos entendan, e tamén saber onde vivimos para lle decir a dirección. E sobre todo memorizar o número que é: 112. Tamén os Bolechas nos explicaron a importancia de non usar este número para facer bromas xa que senón outras chamadas importantes non van poder ser atendidas. 

Para finalizar o taller, cantamos un rap moi molón!!!