bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 31 de maio de 2021

Camiñata a Ermida de San Xoán e Santa Margarida

  • Aquí vos deixamos mostra do que foron estas camiñatas a Ermida de San Xoán e Santa Margarida. Aprendemos moito nesta visita grazas ao mestre Varela. Coñecemos a cova dos mouros, a fonte milagrosa que hai ao lado da ermida, a escombreira e a función dos seus respiradeiros,... e tamén a  plaga da avispilla que está acabando cos castiñeiros da zona. Alí tivemos tempo para merendar e tamén para xogar. 



venres, 21 de maio de 2021

Obra de teatro "Vida de Xela Arias"

 E como colofón final, o alumnado de Infantil 5 anos, 3ºA, 3º B e 4º, realizou esta pequena obra de teatro, contando un pouquiño  a vida e obra de Xela Arias.  Temos que agradecer  a nosa sempre mestra e compañeira de teatro, Lucinda, por colaborar con nós.

Quixemos facela en varias partes: Xela nena, Xela en Xerais, Contos ao teléfono de Gianni Rodari e Xela editora. Esperemos que vos guste.

Obradoiro das Letras Galegas

 Na xornada de onte tivemos o pracer de desfrutar dun taller impartido por Andrea Barreira Freije. Andrea naceu na Fonsagrada en 1986, é graduada en xornalismo pola USC e especialista en Ed. Medioambiental, social e internacional. En 2015 publicou "Non hai luz sen escuridade", unha novela de xénero fantástico para público xuvenil. Outros das súas obras son:" Contos do Sacauntos", "Lendas de Gallaecia", "Tebras na alma" ou "Contos de verán". 

Actualmente imparte obradoiros de narrativa para adolescentes e adultos. Ademais da obradoiros de escrita creativa, é redactora na web Galicia enteira e forma parte da plataforma de crítica literario feminista A Sega, que visibiliza o traballo das escritoras. 

O taller que veu impartir ao alumnado de 4º de EP, chámase: "Cada día, a familia". Un obradoiro de poesía, para dar a coñecer e dinamizar a figura de Xela Arias.





sábado, 15 de maio de 2021

Letras Galegas Xela Arias

Este venres no cole conmemoramos o día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica a escritora Xela Arias. 

Durante esta semana estivemos realizando unhas camisetas moi chulas e orixinais. Plasmámoslle a palabra máis bonita do galego. Quedaron moi vistosas!!!

Tamén lemos uns poemas de Xela, do seu libro "Darío a diario" que escribiu para o seu fillo.  Para finalizar escoitamos e bailamos un pouco para festexar este día. 

Este vídeo resume moi ben este día. FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

 

martes, 11 de maio de 2021

Wonder

 O alumnado de 4º de EP, fixo unha actividade para traballar o 2 de maio, día contra o acoso escolar. Despois de ver a peli de Wonder, fixémonos pasar polo protagonista da película e gravamos este vídeo. 

" Se te miran, deixa que te miren. Non podes pasar desapercibido. Naceches para destacar."

domingo, 2 de maio de 2021

Día contra o ACOSO ESCOLAR

Hoxe, 2 de maio, celébrase o día internacional contra o acoso escolar, co obxectivo de concienciar sobre o risco do acoso escolar e o bullying nos nenos/as, así como de buscar mecanismos para evitar este mal, que hoxe, se convertiu nun terrible perigo para a poboación infantil e xuvenil,. 

.No noso cole queremos dar visibilidade  a este tema e por iso fixemos este vídeo. 

Búscanse valentes!!! A forza dos valentes está no corazón!!! E ti, de que lado estás???