bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 30 de outubro de 2018

Charla perigos de Internet

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu unha charla informativa sobre os perigos de internet e en concreto sobre as redes sociais.

Vasoiras e cabazas!!

Mirade que decorado temos o cole coa exposición de cabazas e vasoiras terroríficas!! Animámosvos a vir velas, porque merecen moito a pena!!

Receitas viaxeiras

Xa nos tardaban as fotos das vosas receitas da mochila viaxeira!!! 
Esta semana o curso de 1ºB tivo a sorte de probar as ricas arañas de samaín de Belén!!
Son saborosas e moi bonitas!! Iso si, dan un medo arrepiante!!!

venres, 26 de outubro de 2018

O NOSO SAMAÍN

Temos o pracer de ensinarvos un video que fixo o alumnado de 1ºA e 6ºB de primaria para contarvos a historia do Samaín. Nel veredes a súa orixe, o motivo da súa celebración e algúns dos seus rituais. É un video moi divertido e ameno que seguro vos gustará e despexará moitas das dúbidas que temos sobre esta celebración!! 

mércores, 24 de outubro de 2018

Á caza do tesouro!!

Hoxe 24 de outubro, día das BIBLIOTECAS ESCOLARES, pasámolo pipa descubrindo quen nos roubara o cofre e onde o agocharan!!
E este Pistacho é un traviesillo!! Como pirata que foi, quixo facernos unha falcatruada e por medio de pistas metidas en libros, tivemos que montar un mapa do tesouro!! 
O mellor de todo foi atopar o cofre co seu tesouro dentro!!!! 
Podedes ver as fotos pinchando na imaxe!!

luns, 22 de outubro de 2018

Os nosos cofres???

Algo está pasando no cole!!! Roubáronnos os cofres das aulas!!! E no sitio deixáronnos esta nota e un pergamino que nos escribiu Pistacho!!!
Parece que Pistacho nos conta que o 24 de outubro, o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES, recibiremos unhas pistas para poder atopar o noso cofre!!! Algo vai pasar ese día!!! Estamos un pouco intrigados!! Irémosvos contando!!!

mércores, 17 de outubro de 2018

Actividades para Samaín

Pistacho está tan emocionado con esta festividade celta, que xa vos imos adiantando o que se vai a facer no cole polo Samaín. E xa vos digo que van a  ser moitas cousiñas!! Ídevos preparando!!!!

domingo, 14 de outubro de 2018

Gañadoras concurso "Pequeno comercio"

Pistacho acaba de recibir en exclusiva unha noticia que o deixou moi contento!! Dúas das nosas alumnas, Julia e Iria Parafita, acaban de recibir un premio pola súa participación no concurso "Os pequenos co pequeno comercio". Tratábase de realizar unha redacción sobre algunha historia relacionada co pequeno comercio. Comercios que fan que a vida dos nosos pobos non se apague e teñan un valor moi importante.
Queremos que saibades que estamos moi orgullosas de vós, e de todo o alumnado que participou! 
Deixámosvos unhas fotos da entrega de premios na Coruña!!

xoves, 11 de outubro de 2018

Mochila viaxeira!!

Que alegría lle dá a Pistacho ver que vos gusta tanto a Mochila viaxeira que vos ten preparada cada ano!!
Aquí tedes un video de como recibiron na casa de Carmen de 1ºB a mochila viaxeira!! Moitas grazas ás familias por participar nesta actividade!!!

martes, 9 de outubro de 2018

Tapóns solidarios

TRAXES DE SUPERHEROES

Fundación Amigos de Galicia emprende en colaboración con Amencer-Aspace unha campaña de recollida de tapóns solidarios para proveer ao centro dun PROGRAMA SPIDERSUIT, de cara a poder proporcionar aos menores do centro de Amencer-Aspace e aos nenos e nenas derivados/as por Fundación Amigos de Galicia dun programa personalizado de fortalecemento intensivo e personalizado para menores con trastornos neuromotores. 

O Programa Spidersuit está previsto de cinco traxes distintos - con cinco tallas para garantir o acceso a todos os menores- poleas e o sistema de Unidade de Exercicios Universal; e ten un custo de 12.537,67€, que serán costeados por Fundación Amigos de Galicia mediante campaña de recollida de tapóns de plástico. 

Para iso será preciso recadar a cantidade de 47.782.453 unidades de tapóns de plástico.

Un dos puntos de recollida máis cercano é a Casa consistorial de Val do Dubra. 
Entre todos podemos conseguilo!! Colabora

Tendes máis información se clicas na imaxe.

PREHISTORIA EN GALICIA

O NOVO PROXECTO PARA INFANTIL E PRIMARIA DA BIBLIOTECA DE PISTACHO

A prehistoria é un período de tempo no que evolucionaron os seres humanos antes do ceñecemento da historia escrita. 
Segundo as tradicións galegas, debaixo dos nosos xacementos prehistóricos, castros, dólmenes, petroglifos,...ocúltanse os mouros, personaxes fantásticos con poderes máxicos e grandes tesouros.
Neste curso, coa axuda de todos, queremos descubrir os segredos que se ocultan nos xacementos galegos. Promete ser un proxecto intrigante, cheo de novas experiencias e sensacións e ao mesmo tempo que nos axude a aclarar un período da nosa historia tan descoñecido e escuro.
Acompañádenos e viaxade connosco aos monumentos que van traballar e descubrir os nosos alumnos.

Estes monumentos son:
INFANTIL- Castro de Cabana
1ºA- Campo Lameiro
1ºB- Castro de Santa Trega
2º- Castro do Penedo
3º-Dolmen de Dombate
4º-Castro de Viladonga
5º- Dolmen de Axeitos
6ºA- Castro de Baroña
6ºB- Monte Facho

Receitas viaxeiras

Empezamos un novo curso, pero hai tradicións e costumes que seguiremos facendo, como as receitas viaxeiras. 
Mandádenos as vosas receitas e experiencias que vivistes coas mochilas viaxeiras!!!
Nesta ocasión, Carmen de 1º B, trouxo unhas riquísimas magdalenas en forma de moucho!! Mirade que bonitiñas!!

mércores, 3 de outubro de 2018

Magín Blanco

Hoxe visitounos no auditorio de Bembibre, Magín Blanco, que nos veu a presentar o seu libro-disco: "Camiños".  Este libro é unha metáfora da vida, onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos nenos/as.

Mirade que ateigado estaba o auditorio!!!