bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

mércores, 25 de novembro de 2020

25 de Novembro contra a violencia de xénero

 Hoxe foi un día diferente. No cole hoxe repartimos chapas co noso lema, repartimos uns cadernos dos Bolechas sobre a igualdade que nos ofreceu o Concello, vimos os vídeos onde as familias poideron participar para dar o seu apoio a este día e plantamos unha árbore que vai ser o noso símbolo cada 25 de novembro. Un arce xaponés que vai ser o noso punto de referencia cada 25N, para conmemorar a todas as mulleres que loitaron e seguen loitando pola igualdade e por erradicar a violencia de xénero. Non foi un día calquera, foi o 25 de novembro. Que todos os días sexan 25 de novembro. 

Fai clic na imaxe para ver máis fotos.

"Que non mo neguen" Tanxugueiras 25N

 Aquí vos deixamos a canción que cantamos este ano, das Tanxugueiras "Que non mo neguen". O alumnado máis a profe Catuxa, alzaron a voz contra a violencia de xénero!

POR TI, POR MIN, POR NÓS

 Con moita ilusión vos ensinamos este vídeo tan bonito que poidemos facer grazas a todas as familias que quixeron colaborar con esta iniciativa. Moitas grazas por participar e por facelo tan ben. Aquí poñemos o noso grao de area para loitar contra a violencia de xénero. Xuntos podemos!!!! Xuntos somos máis fortes!! Contra a violencia de xénero alcemos a voz!!!

martes, 10 de novembro de 2020

BANDAS DESEÑADAS SAMAÍN

Bandas deseñadas realizadas polo alumnado de infantil e primaria na celebración de samaín.



martes, 3 de novembro de 2020

Canción do Samaín

 Aquí vos deixamos a canción que interpretou o alumnado sobre o Samaín. Canción de Uxía Lambona e a Banda Molona. Mirade que ritmo!!!

domingo, 1 de novembro de 2020

SAMAÍN E MAGOSTO

 Aquí vos deixamos fotos do día do Samaín e o Magosto. Disfrutamos moito cos talleres que fixemos nas aulas e tamén comendo castañas, que estaban boísimas!!! Facede clic na imaxe.