bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 23 de xuño de 2015

Clausura do curso 2014-2015

O venres 19 de xuño celebramos o último día do cole. E fixémoslle unha despedida aos nen@s de &º que se marchan para o instituto. Tamén os peques de infantil se graduaron e despídense dunha etapa tan bonita coa súa profe Noe. 
Con estas graduacións damos por rematado o curso ata o ano que ven. Por fín chegan as merecidas vacacións que tanto Pistacho, os profes e o alumnado merecen por todo o traballo feito. Para o ano máis e mellor. Ata vernos.

mércores, 10 de xuño de 2015

Libro Viaxeiro 2015

Un ano máis, unha nova edición do LIBRO VIAXEIRO do Cpi de Bembibre. Desta vez o libro viaxeiro titulado ONDE ESTÁ BALÚ? conta a historia dun can chamado Balú, que non se sinte nada querido polos seus donos e decide marchar. Podedes ler a historia que fixeron os nosos escritores do cole no seguinte enlace.