bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

venres, 25 de febreiro de 2022

ENTROIDO 2022

 Aquí vos deixamos fotos e vídeos do día de hoxe. Foi unha festaza en toda regra!! Tivemos baile, música, chocolate e desfile polo pobo!!! 

Disfrutade moito do entroido rapazada!!! Vémonos o xoves!!!

venres, 18 de febreiro de 2022

Mandatos do Meco

 E o entroido está a chegar e Pistacho está feliz e contento porque é a época do ano que máis lle gusta. Pódese disfrazar do que queira e non ser recoñecido!!!! E tamén se pode fartar a orellas, filloas e cocido!!!

O venres teremos a grande festa de entroido no que poderedes vir disfrazados do que queirades. Pero este luns imos ir comezando pouquiño a pouco a converternos en alguén moi característico da cultura galega. A ver se o adiviñades!!!

luns, 7 de febreiro de 2022

Excursión a Buño

 Os nenos e nenas de 2º de primaria asistiron o 27 de xaneiro a Buño, ao ecomuseo do Forno do Forte. Son 7 vivendas de familias que se adicaban a olería. Nesas casas tiñan o forno para cocer o pan e tamén era o seu lugar de traballo. As casas tiñan na planta baixa  a cociña e o taller e na planta alta o fumeiro e o cuarto. Tivemos unha guía de 10, grazas Lola por explicarnos todo tan ben!!!

Finalmente tivemos un taller de barro e vimos como se facían as pezas co torno. E cada un, poidemos facer a nosa peza de barro!! Foi xenial, aprendemos moito!!

Se queredes saber máis, mirade as fotos e o vídeo que fixemos.



martes, 1 de febreiro de 2022

DÍA DA PAZ

No día da Paz, saímos a fóra, como todos os anos para soltar globos con mensaxes de paz. Despois cantamos e bailamos a canción de  moda das Tanxugueiras Terra.  Tamén estamos moi contentos por todos os alimentos que estamos recollendo para o pobo saharaui. En breves poderán vir a vernos e a contarnos a súa situación.