bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

xoves, 21 de decembro de 2023

Bo Nadal e feliz aninovo

 Familias, esta semana estivo chea de sorpresas e cousas bonitas. 

Onte tivemos unha obra de teatro de monicreques e fixemos talleres de Nadal.

E hoxe veunos visitar Papanoel e os paxes reais para recoller as nosas cartas. Tamén disfrutamos das actuacións que nos tiñan preparadas no auditorio. Que artistas temos no cole!!!

E finalmente tivemos as badaladas, podedes ver o elegantes que iamos todos!!

No seguinte enlace podedes ver todas as fotos e no instagram da biblio as actuacións!!


https://photos.app.goo.gl/tb7HgA3mugEDNywd8


Aproveitamos para desexarvos un Bo nadal e unha feliz entrada de ano!!! Vémonos no 2024!! 

luns, 27 de novembro de 2023

Cross A Baña 2023

 Aquí vos deixamos o que foi este venres na saída que fixeron os nosos pequenos a Baña para participar en Campo a Través. 

luns, 13 de novembro de 2023

Proxecto Nutriescolas

 Este curso o cole participa no Plan Proxecta da Xunta, Nutriescolas. O proxecto “Nutriescolas” forma parte da estratexia educativa do Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia) da Dirección Xeral de Saúde Pública, e canalízase na escola a través do Plan Proxecta+ de innovación educativa. 

Froita e leite na escola para todo o alumnado.  Esta semana comezamos un primeiro período de 10 días de froita. Entre as cales comeremos plátano, caqui, laranxa, granada, mazá,…

Con este recurso queremos fomentar o consumo de froitas frescas e leite coa finalidade de configurar hábitos alimentarios saudables no alumnado.

Mochilas viaxeiras

 Aquí vos deixamos unha foto que tiñamos ganas de subir. Xa que dende a pandemia non poidemos volver a mandar as mochilas viaxeiras. Pero este ano por fin viaxarán polas vosas casas!! Tendes libros de cociña, xogos, poesía, comic, revistas,… para todos os gustos!! Desfrutade moito con elas!!!


xoves, 9 de novembro de 2023

Novembro: mes da ciencia en galego

 Pistacho, nestes días de novembro, escolleu para todos vós, varios rexistros bibliográficos sobre ciencias en galego.

Canto vamos aprender este mes!!! 





martes, 31 de outubro de 2023

Samaín e Magosto

 Que día tan terroríficamente bonito. Toda a mañá de festa facendo talleres polas diferentes aulas. Houbo de todo, taller de máscaras, de luz negra, esqueletos bailongos, contacontos, curtas de medo,… e ata tivemos un túnel do terror!! E todo iso, rematado coa enchenta de ricas castañas asadas polos mellores castañeiros!!! Aquí tendes unha morea de fotos para ver a intensa xornada de hoxe!!!



martes, 24 de outubro de 2023

Día das bibliotecas

 Hoxe 24 de outubro, foi o día das bibliotecas escolares. Xuntos, fomos a biblio a ler un conto, mentres sentíamos chover fora. Disfrutamos deste cachiño na nosa cómoda biblio.

Hoxe tamén levamos para casa un marcapáxinas deste día.

Facede clic na imaxe para ver as fotos.



martes, 10 de outubro de 2023

Fotos de grupo

Por fin podemos ensinarvos as fotos de grupo, que con tanto virus, era difícil estar todos. 

Así que xa podedes ver as fotos de todos os grupos cos seus titores. 

Con esta entrada, damos por inaugurado o curso 2023-2024!!! Que comece a aventura!!!

Clicade na foto para poder velas!


 

martes, 12 de setembro de 2023

Benvidos ao curso 2023/2024

 Benvidos a un novo curso cheo de aventuras e moitas novas. Estamos moi ilusionados de comezar un novo curso no que aprenderemos e disfrutaremos. 

Séguenos tamén por instagram.



xoves, 29 de xuño de 2023

FIN DE CURSO 2023

E ata aquí un novo curso cheo de aventuras, aprendizaxes e momentos especiais. 

Pechamos este blog ata setembro, compartindo con vós o último día de cole e con el as graduacións de 6º de Infantil e 6º de Primaria. Que sexades moi felices nesta nova etapa, brillaredes o próximo curso! 

Moitas gracias a toda a comunidade educativa por lograr outro curso xenial. 

Bo verán a tod@s! 🌞












xoves, 22 de xuño de 2023

Visita a illa de Ons

 Menudo día para gozar das excelencias e da paisaxe da illa de Ons.

Exhibición de Acrosport

 O alumnado de 5º e 6º de primaria quixo deleitarnos cunha pequena mostra das súas habilidades.

Ruta do Rexedoiro

 O alumnado de 5º e 6º d primaria gozou coñecendo e realizando esta fermosa ruta de 13,5 km percorrendo o noso patrimonio. O cansanzo fixo a súa presenza durante o percorrido pero a fermosura da ruta fixo que puidéramos continuar e non desfalecer.

sábado, 20 de maio de 2023

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2023

 Aquí vos deixamos unha mostra das actividades que realizamos na escola para celebrar o Día das Letras Galegas e o seu 60 aniversario, que este ano se lle adica a Francisco Fernández del Riego, firme defensor da nosa lingua e cultura. 








venres, 19 de maio de 2023

3ª edición O Picoto

Chega a 3ª edición do noso xornal O Picoto! Despois de moitas investigacións, entrevistas, xogos, imaxinación, aventuras... xa vos podemos presentar a nova edición recén saída da nosa imprenta. 

A súa publicación coincide coa celebración da Semana das Letras Galegas. 

Botade un ollo 👀


martes, 2 de maio de 2023

DÍA DO LIBRO 2023

 Aínda que cun pouquiño de demora polas condicións meteorolóxicas, este ano tamén tivo lugar no cole o apadriñamento lector. Un momento moi especial e unha boa maneira de lograr o gusto pola lectura! 📚



Tamén pensamos no noso libro favorito e aínda que foi difícil escoller un só, así o fixemos e plasmámolo en distintos recantos do cole. Se clicades encima, podedes acceder ao álbum das fotos!





xoves, 9 de marzo de 2023

8 M

Por aquí vos deixamos fotos do acto simbólico realizado no cole para conmemorar este día. 

No CPI de Bembibre sementamos igualdade! 💜





venres, 3 de marzo de 2023

Día de Rosalía

Un ano máis non puidemos deixar de celebrar o día de Rosalía de Castro. Este ano quixemos traballar un pouco máis o seu poema "Adiós ríos, adiós fontes" así que cada aula se encargou de dous versos do poema, os cales agora acompañan os nosos pasos cada día! 


Ademais, tamén realizamos un mural para conmemorar este día elaborando flores e bolboretas que agora dan cor ao noso corredor e nos axudan a manter vivo o legado desta figura tan importante na cultura galega. 


E empregando técnicas tan divertidas como o grafismo creativo e o pop art, achegámonos máis de preto a esta poetisa. 



mércores, 22 de febreiro de 2023

Os mandatos do Meco deron inicio ao Entroido no cole. Este ano ademais quixemos achegarnos ás  personaxes típicas do Entroido en Galicia e con iso elaboramos un mural ben colorido! 



Aquí vos deixamos fotos e vídeos do día do Entroido, vaia festaza! O baile, a música, o desfile polo pobo, o chocolate e os disfraces fixeron do venres un día ben especial 🎭










mércores, 8 de febreiro de 2023

Xa comeza a ulir a Entroido no CPI de Bembibre e como queremos montar unha boa festa, aquí vos deixamos os mandatos do meco para que vaiades preparándovos para lucir as vosas mellores galas 🎭

Pistacho xa está desexoso de vervos para comprobar se vos recoñece pero que disfrace escollerá a nosa mascota este ano?

O venres, o meco, deixa vía libre para que nos sorprendades coas vosas máscaras e disfraces favoritos!🎉




mércores, 1 de febreiro de 2023

DÍA DA PAZ

No Día da Paz, coma todos os anos, saímos ao patio para realizar un acto simbólico. Este ano decidimos que era hora de coidar un pouquiño máis o medio ambiente e cambiar o lanzamento de globos por outra actividade en conxunto. Cada un/ unha de nós decorou unha pedriña con palabras referidas á paz e con todas elas creamos unha instalación para conmemorar este día. 

E como non, non podía faltar a música para acompañarnos!



Tamén tod@s colaboramos cunha pluma na creación dun mural na entrada do cole. Cada unha delas garda unha mensaxe moi importante para este día e para todos os demais. 


Outra das actividades foi unha instalación de pombas da paz cuxo carteliño ten as cores da bandeira de Ucraína e mensaxes que desexan o fin da guerra en todo o mundo e a volta da paz, pois como podía lerse nalgunha mensaxe, "A paz é moi bonita"!