bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 22 de novembro de 2016

Semana pola Igualdade de xénero

Durante esta semana no cole faremos unha serie de actividades para tratar cos nenos e nenas a violencia de xénero. Entre estas actividades están a de visionar curtas relacionadas con este tema. Acude a biblio nos recreos da mañá!! Tamén faremos entre todos o mural "VENTOS POLA IGUALDADE"









aaa
**

CONTOS POLA IGUALDADE

Hoxe tivemos a sorte de disfrutar dunha morea de contos sobre a igualdade de xénero. Estes contos foron narrados por Raquel Queizás!!! Con ela coñecemos contos como os das tartarugas Arturo e Clementina,  Oliver, Pepón o peleón, o dragón,.... Contos que case nos fixeron pensar en situacións que vivimos na vida real!! Contos que nos fixeron pensar e que nos teñen que facer actuar para que a igualdade de xénero sexa unha realidade!!!



luns, 21 de novembro de 2016

Coñecemos un país de fala hispano-portuguesa

Durante este curso e como novidade imos levar a cabo un gran proxecto, un proxecto que nos levará todo o ano. 
Dende que Pistacho viaxou a Brasil, está todo emocionado por coñecer novos países e novas culturas!! Por iso, decidimos profundizar e aprender máis sobre algúns países que falan español ou portugués.  Por medio de investigacións, actividades, mnurais, internet, .... descubriremos moitas cousas de países que nos quedan algo lonxe pero que teñen en común a nosa lingua.

Por medio do mural da entrada iremos poñendo en común todo tipo de información e traballos que vaiamos realizando para que Pistacho e todos nós vaiamos aprendendo moito de estos países!




venres, 11 de novembro de 2016

Nanas


 As cancións de cuna pasaron de xeración en xeración para tranquilizar aos bebés. Escoitar a voz dos pais, avós, irmáns.... reforza o vínculo familiar co bebé.
Dende a biblioteca do CPI de Bembibre queremos recuperar esas nanas que nos cantastes cando eramos pequeniños. Por iso animámosvos a que nos cantedes unha nana. 
Gravádea en calquer soporte informático e traédenola (voz ou video) en CD, PENDRIVE... ou enviádenola ao correo bibliobembibre@gmail.com para que todos e todas poidamos disfrutar dela. Tamén, se é posible acompañade a gravación coa letra escrita. Con todas poderemos facer un libriño para que perduren no tempo.
Todas as nanas que recollamos aparecerán no blogue da nosa biblioteca onde podedes informarvos de moitas das actividades dos nenos e nenas do cole.

mércores, 9 de novembro de 2016

Concurso relatos de medo

Estos son os gañadores!!! Moitas felicidades!!!
AULA DE 1º PRIMARIA

LUANA 4ºB

NOELIA 5º




venres, 4 de novembro de 2016

Mochilas viaxeiras en camiño!!!!

Comezan a poñerse en marcha as mochilas viaxeiras!! Dende hoxe comezan a moverse polas casas das familias de Bembibre!!! Disfrutadeas en familia!!! Lembrade que tedes unha semana para telas nas vosas casas!!!