bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 24 de xuño de 2024

Fin de curso

 E chegou o día das despedidas e de desexarnos un feliz verán, pero tamén o día de disfrutar, de facer festa e de bailar! E como non podía faltar algo especial, tivemos a festa da espuma!!! Non nos chegaba a hora de que ese cañón botara espuma para poder meternos. Pasámolo tan ben que aparecían a cada pouco chanclas perdidas😂😂😂

Disfrutade moito do verán que logo pasa e en nada xa estamos todos xuntos!!! 



venres, 21 de xuño de 2024

FOTOS GRADUACIÓNS INFANTIL E PRIMARIA

 Que día tan emocionante o de onte. Foron as graduacións de infantil e 6º de primaria. Como todos os anos, soltamos a nosa lagrimilla polo bonito que alí se viviu no auditorio! Gracias aos profes que fixeron que todo esto fora posible, e a familia e o alumnado por colaborar. Sen máis, desexámoslle aos nosos nenos e nenas todo o mellor para a nova etapa na que se van adentrar!!! Desfrutade intensamente da vida e sede auténticos!



xoves, 20 de xuño de 2024

Proxecto competencial 3º: Cine en valores

 Durante este curso o alumnado de 3º na materia de Proxecto competencial estivo traballando o cine, en concreto películas de valores. E como proxecto final fixemos unhas curtas reflexando diferentes problemáticas que detectamos na sociedade, e que nós como nenas e nenos que somos, nos gustaría eliminar.