bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 27 de abril de 2015

"Aladino"

Seguindo co teatrillo, o venres tivemos a obra dos nenos de 2ºA: Simón, Dario e Diego. Aqui tendes o video para velos.

venres, 24 de abril de 2015

APADRIÑAMENTO LECTOR

A de hoxe foi unha xornada moi especial. Celebramos o día do libro. E para festexalo sacamos os libros ao patio. Cada padriño e cada madriña escolleron co seu afillado ou afillada o recuncho favorito do patio para disfrutar do conto que tiñan preparado. Gozamos dunha divertida xornada e dun estupendo día de sol contando e escoitando historias do máis divertidas e interesantes.



xoves, 23 de abril de 2015

"Los músicos de Bremen"

Que ben o fixeron os nenos de 2ºB coa súa obra "Los Músicos de Bremen". O teatrillo estaba ateigado de personaxes animais que se converteron en músicos. Mirade!!!

DÍA DO LIBRO

UN SELFIE CO NOSO LIBRO, é como se titula este libro que recopila as fotos dos nosos nenos e nenas cos seus libros preferidos.


mércores, 22 de abril de 2015

"Carapuchiña vermella"

Un recreo máis poidemos disfrutar dunha obra feita con monicreques. O MES DO TEATRILLO está sendo todo un éxito. Hoxe puxéronse detrás do teatrillo Uxía e Ainoa de 4º de primaria. Podedes ver o video máis abaixo.





martes, 21 de abril de 2015

"Un paseo polo monte"

Hoxe tocoulle o turno as/os nenas/os de quinto, Raúl, Gisela e Lucía contáronnos unha historia moi divertida e con moralexa. E ademáis ata nos cantaron unha canción. Mirade que ben o fixeron!!!




luns, 20 de abril de 2015

23 de abril. DÍA DO LIBRO


" A ratiña presumida" e "A bela dormente"

Hoxe tivemos doble sesión de monicreques!!! Os nenos de infantil de 5 anos fixérono xenial interpretando o conto da Ratiña presumida. Despois foron Anahí, Uxía e Andrea García coa obra titulada  "A bela dormente". Como vedes a biblio estaba ateigada!!!

domingo, 19 de abril de 2015

" O oso e os dous nenos"

Iria, Yago Montesinos, Iker e Gabriel de 2º A fixeron este venres unha obra de monicreques que tivo moito éxito! Tanto Pistacho como os demais piratas pediron que o volverán a repetir!! Bravo por eles!!! Mirade que ben estivo







xoves, 16 de abril de 2015

"EMILIA E MAFALDA"

Un día máis pasamolo xenial cos recreos teatrais. Desta vez Gabriela, Verónica e Candela de 6º fixeronnos pasar un bo rato coa súa obra.






mércores, 15 de abril de 2015

"Pedro e o lobo"

Que ben o pasamos hoxe cunha nova sesión de teatrillo na hora do recreo!! "Pedro e o lobo" foi a obra elexido por Ángel e José de 4º. Botádelle un ollo ao ben que o fixeron!!!



"A aventura de Pistacho"

Hoxe tocoulles o turno as nenas de sexto! Elena, Gloria, Ainhoa e Fátima contáronnos as aventuras que viviu Pistacho con Bob Esponja. Podedes ver o video de como o fixeron!!!!





luns, 13 de abril de 2015

Obra do teatrillo: A PATADA

Que ben lles saiu a obra de monicreques a estes pequenos!!!  Pistacho quedou abraiado. Un aplauso moi forte para Yago Brandariz, Carla, Andrea Iglesias, María e Lucía de 2ºA!!!!!!

Comeza o mes do TEATRILLO

Piratas, este mes, como sabedes, adicámosllo aos monicreques. Todos os recreos da mañá podedes disfrutar de pequenas representacións no noso teatrillo. Vinde a ver as xeniais obras que están a facer os vosos compañeiros, e sobre todo os monicreques máis orixinais que poidades ver.
 Aqui vos deixamos o horario cos títulos das obras. Agardámosvos!!!!!


martes, 7 de abril de 2015

Morea de NOVIDADESS

Piratas!!!    Pistacho trouxonos moitos libros novos para a nosa biblio. Entre eles algúns da colección de GOL, Bat Pat e de Scooby-doo que sabemos que vos gustan moito. Tamén Pistacho trouxo libros sobre o universo para que investiguedes. E moitos outros moi interesantes. Pasade pola biblio e mirade na estantería de NOVIDADES-!!!!