ARREPIANTE!!!!! Mirade como temos a biblio, non vos entra un pouco de medo ao vela? Pois se queredes pasar uns recreos misteriosos, vide a ver a Pistacho a biblio e ler todos os libros de medo que alí tedes!!!
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
martes, 20 de outubro de 2015
luns, 19 de outubro de 2015
Samaín 2015
Que ganiñas tiñamos desta festa. Pasámolo xenial decorando a biblio, facendo caretas terroríficas, escoitando contos e vendo curtas de medo!!!!
Pistacho está todo emocionado!! Encántalle o Samaín. Co seu parche no ollo xa está medio disfrazado.
Vide a biblio a ver a exposición de libros de medo e adentrádevos se sodes valentes!!! Coidado coas teas de araña!!!!!
martes, 13 de outubro de 2015
En busca dun LEMA
Nenos e nenas!!! PISTACHO busca a vosa axuda e imaxinación para algo moi importante. Necesitamos un LEMA para a biblio. Algo que nos identifique, que identifique a nosa biblio. Unha frase que invite a vir a ler, a soñar, a imaxinar. Con rima ou sen ela pero que sexa orixinal.
Cando a teñas bótaa no buzón da biblio antes do venres 16, co teu nome e curso. Para a semana elixiremos a gañadora.
GRACIAS POR PARTICIPAR
mércores, 30 de setembro de 2015
luns, 21 de setembro de 2015
Novo chan!!!!
Mirade a biblio!! Pistacho está todo contento co novo chan que temos. Tamén poderemos ver cousiñas no noso novo proxector!!!
Este curso poderemos disfrutar ainda máis da biblioteca!
Este curso poderemos disfrutar ainda máis da biblioteca!
xoves, 17 de setembro de 2015
******** Benvidos e benvidas ao curso 2015-2016*********
Xa se remataron as merecidas vacacións. Pistacho está encantado de estar aquí con nós outro curso máis. E como non, temos novas!! Cremos que Pistacho traballou moito este verán e puxo máis bonita si cabe a biblioteca. Nos próximos días teredes fotos que o demostran.
Polo de pronto, poñémosvos este curto de Pixar que nos encanta!!!
martes, 23 de xuño de 2015
Clausura do curso 2014-2015
O venres 19 de xuño celebramos o último día do cole. E fixémoslle unha despedida aos nen@s de &º que se marchan para o instituto. Tamén os peques de infantil se graduaron e despídense dunha etapa tan bonita coa súa profe Noe.
Con estas graduacións damos por rematado o curso ata o ano que ven. Por fín chegan as merecidas vacacións que tanto Pistacho, os profes e o alumnado merecen por todo o traballo feito. Para o ano máis e mellor. Ata vernos.
mércores, 10 de xuño de 2015
Libro Viaxeiro 2015
Un ano máis, unha nova edición do LIBRO VIAXEIRO do Cpi de Bembibre. Desta vez o libro viaxeiro titulado ONDE ESTÁ BALÚ? conta a historia dun can chamado Balú, que non se sinte nada querido polos seus donos e decide marchar. Podedes ler a historia que fixeron os nosos escritores do cole no seguinte enlace.
martes, 9 de xuño de 2015
martes, 19 de maio de 2015
Xogos tradicionais
Este venres para celebrar o día das Letras Galegas, tivemos a sorte de contar coa compañía de Xandobela. Ademais de contarnos algún contiño aos nenos de 1º, 2º e 3º na biblioteca, tamén trouxeron unha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos. Mirade que ben o pasamos grandes e pequenos!!!
martes, 12 de maio de 2015
RELATOS COLGANTES
Durante esta semana, no noso bosque de árbores, ademais de disfrutar da
natureza, podemos ler relatos que escribimos todo o cole. Podemos atopar
dende a biografía de Filgueira Valverde, poesía, rimas, chistes,... Eso
si, todo en galego!!!
LETRAS GALEGAS
O noso cole xa está preparado para as Letras Galegas. Se sigues as pisadas, podes descubrir moito sobre o escritor que se lle adica este ano as Letras Galegas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



