bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

xoves, 14 de abril de 2016

Abracadabra!!!!

No día de onte contamos coa presencia dun mago moi especial. Deses magos con pombas, con panos de cores, con globos e con moita maxia claro!!! Os nenos  e nenas de infantil pasámolo xenial!! Botádelle un ollo ás fotos!!


martes, 12 de abril de 2016

Mochilas viaxeiras!!!

Pistacho tivo una gran idea!!! Quere que levemos mochilas con libros da biblio para poder compartir coas nosas familias! Só fixo unha mochila e elexiu os contos, revista, película, música que máis nos poden gustar.
Se esta idea funciona, para o ano poderemos levar mochilas viaxeiras en todas as aulas!!! Grazas PISTACHO!





 

xoves, 7 de abril de 2016

Mes de CERVANTES!!!

Este mes dedicámolo no CPI de Bembibre ao gran escritor MIGUEL DE CERVANTES, polo IV centenario da súa morte.
Na biblio, Pistacho recolleu unha morea de libros sobre Cervantes e algunha das súas obras. Entre as que destaca DON QUIXOTE.  Pasádevos pola biblio para ver a súa exposición!!!




















martes, 5 de abril de 2016

Temos PLANETARIO!!

Esta semana contamos cun planetario no ximnasio!! Que divertido e emocionante e meterse aí dentro!! Estamos aprendendo moitas curiosidades sobre o noso ceo e o universo en xeral!!


Día de compras

Hoxe os nenos e nenas que tiñan vales, puideron acudir á biblioteca a canxealos por novos libros!! Para a casa levamos libros que pasaron por outras mans e que agora lles tocan ás nosas. Novas aventuras que viviremos.
Moitas grazas a todos e todas por participar no
MERCADIÑO DO LIBRO



xoves, 31 de marzo de 2016

Recollida de libros

Está sendo un éxito!! A participación é altísima!! Moitas grazas a todos e todas por participar!! Lembrade que mañá é o último día para entregar libros.








mércores, 30 de marzo de 2016

MERCADIÑO DO LIBRO

 Hoxe empezamos cunha nova actividade. A Pistacho ocorréuselle unha idea xenial!  Como temos libros na casa que xa lemos e temos aburridos, podemos intercambialos con outros compañeiros. Durante esta semana estamos a intercambiar libros por VALES, que despois poderás canxear por outros libros.
O mercadiño celebrarase o luns 4 e o martes 5. Non perdas os teus vales.

venres, 18 de marzo de 2016

Visita de Breogán Riveiro

Encantadísimos quedamos de coñecer ao escritor Breogán Riveiro!!! Estábamos ansiosos de velo, despois de ler os seus dous libros "Olga e o dinosaurio" e "Tonecho de Rebordechao". Poidémoslle preguntar todas as curiosidades que nos xurdiron ao ler os libros. Rímonos moito con Breogán e descubrimos que é  unha persoa como nós e que como el nos dixo, todos podemos ser escritores porque todos temos algo que contar ao mundo!!!

GRAZAS BREOGÁN POLA TÚA VISITA!!!

martes, 15 de marzo de 2016

Éxito dos audiolibros

Mañá na hora do recreo clausuraremos as xornadas de Audiolibros. Todas as clases participaron e foi todo un éxito.

Dende logo para o ano repetiremos!!! Se os queredes volver escoitar, están a dereita desta  páxina!!

Moitas grazas a todos e todas por participar!!!!

LÚA