Pásate pola biblio, porque faremos sesión de fotos na que te poderás convertir en Quixote, Sancho Panza ou o mesmiño Miguel de Cervantes!!
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
mércores, 20 de abril de 2016
luns, 18 de abril de 2016
Quen sabe máis sobre Cervantes?
Queredes demostrar que sabedes moito de Cervantes?
Pois esta é a túa oportunidade para participar. Ponte mans á obra e investiga todo sobre Cervantes. O luns 18 de Abril empezaremos coas preguntas.
Pistacho anímavos a todos a participar!!!!
venres, 15 de abril de 2016
Xogos sobre Cervantes
Nesta páxina podedes atopar textos adaptados, xogos, actividades interactivas, biografía de Miguel de Cervantes e ligazóns de interese. Ademais, inclúe banda sonora subtitulada.
xoves, 14 de abril de 2016
Abracadabra!!!!
No día de onte contamos coa presencia dun mago moi especial. Deses magos con pombas, con panos de cores, con globos e con moita maxia claro!!! Os nenos e nenas de infantil pasámolo xenial!! Botádelle un ollo ás fotos!!
martes, 12 de abril de 2016
Mochilas viaxeiras!!!
Pistacho tivo una gran idea!!! Quere que levemos mochilas con libros da biblio para poder compartir coas nosas familias! Só fixo unha mochila e elexiu os contos, revista, película, música que máis nos poden gustar.
Se esta idea funciona, para o ano poderemos levar mochilas viaxeiras en todas as aulas!!! Grazas PISTACHO!
luns, 11 de abril de 2016
venres, 8 de abril de 2016
xoves, 7 de abril de 2016
Mes de CERVANTES!!!
Este mes dedicámolo no CPI de Bembibre ao gran escritor MIGUEL DE CERVANTES, polo IV centenario da súa morte.
Na biblio, Pistacho recolleu unha morea de libros sobre Cervantes e algunha das súas obras. Entre as que destaca DON QUIXOTE. Pasádevos pola biblio para ver a súa exposición!!!
martes, 5 de abril de 2016
Temos PLANETARIO!!
Esta semana contamos cun planetario no ximnasio!! Que divertido e emocionante e meterse aí dentro!! Estamos aprendendo moitas curiosidades sobre o noso ceo e o universo en xeral!!
Día de compras
Hoxe os nenos e nenas que tiñan vales, puideron acudir á biblioteca a canxealos por novos libros!! Para a casa levamos libros que pasaron por outras mans e que agora lles tocan ás nosas. Novas aventuras que viviremos.
Moitas grazas a todos e todas por participar no
MERCADIÑO DO LIBRO
MERCADIÑO DO LIBRO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



