bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 26 de abril de 2016

Visita do alcalde de Val do Dubra

Hoxe tivemos unha visita moi especial!! O alcalde de Val do Dubra, Antonio Negreira, visitou ao alumnado de 3º B de primaria, despois de que estes lles enviaran unha carta para pedirlle algunhas melloras tanto no pobo como no colexio. Moitas grazas pola visita e por explicarnos como funciona un concello.




Canción Quixote Infantil D

Baile Quixote infantil C

Baile Quixote Infantil B

Baile do Quixote Infantil A

II Concurso de monicreques!!

Anímate a participar!!!!


luns, 25 de abril de 2016

Día de padriños, madriñas, afillados e afilladas!!

Polo día do libro, e polo éxito do ano pasado, volvemos a realizar o apadriñamento lector!! Tivemos un día soleado para poder quitar os libros ao patio. Os padriños e madriñas foron a buscar aos seus afillados e afilladas a súa aula. Despois de escoller un lugar especial no patio, gozaron da lectura! Ao rematar, intercambiaron un pequeno agasallo; un marcapáxinas feito por eles!!

AUDIOLIBRO DON QUIXOTE EN VERSO

Presentámosvos en primicia o audiolibro que fixemos os nenos e nenas de infantil e primaria do CPI de Bembibre!!
Trátase do Quixote en verso, lido e ilustrado por todos e todas nós!!
Grazas a todos/as por participar!!!


Baile infantil do Quixote


mércores, 20 de abril de 2016

PHOTOCALL

Pásate pola biblio, porque faremos sesión de fotos na que te poderás convertir en Quixote, Sancho Panza ou o mesmiño Miguel de Cervantes!!







luns, 18 de abril de 2016

Quen sabe máis sobre Cervantes?

Queredes demostrar que sabedes moito de Cervantes?
Pois esta é a túa oportunidade para participar. Ponte mans á obra e investiga todo sobre Cervantes. O luns 18 de Abril empezaremos coas preguntas.

Pistacho anímavos a todos a participar!!!!