bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 24 de maio de 2016

"CANTOS MÁIS MELLOR" 5º

Melania, Yeray, Carla e Noa de 5º curso, representáronnos a obriña " Cantos máis mellor"

"OS DOUS XEMELGOS" 6º

Lucía e Sofía de 6º reprensentaron a obra: "Os dous xemelgos". Mirádea porque seguro que coñecedes algún personaxe!!!


luns, 23 de maio de 2016

"O QUIXOTE NO VAL DO DUBRA" 4º

Lucas, Manuel, Gonzalo e Antón de 4º de primaria  representáronnos una obra sobre o Quixote e Sancho Panza.


"ROCK STARS" 3º A

Lucía, María, Anahí, Andrea García, Andrea Iglesias, Carla e Uxía representáronnos cos seus monicreques a obra de Rock Stars!!!

TEATRIÑO DE MONICREQUES

Dende hoxe e durante dúas semanas, teremos na biblioteca nos recreos da mañá, obras feitas polo alumnado de primaria.
Convidámosvos a todos e todas a vir.
Aquí tendes o horario:

venres, 20 de maio de 2016

Semana de Manuel María

E con este mural, clausuramos a semana das Letras Galegas. Unha semana moi especial na que nos dou tempo a tocar a pandeireta, a gaita, a cantar, a recitar poemas e sobre todo a coñecer un dos escritores galegos máis próximo a nós, aos nenos. Gracias a todos e todas por participar nesta semana das Nosas Letras!!!

FOLIADA LETRAS GALEGAS III

Vaia festa montamos este venres!!! Melania, Alba e Antía tocaron e cantaron "O pasodobre de Bembibre", "Muiñeira de Requesende" e "Pasodobre de lendo".  Temos unhas compañeiras que o fan xenial!!! Escoitade:

 

Contacontos por Sole Felloza

Sole, veunos a contar por medio de pequenas historias a vida e obra deste gran escritor da Terra Chá, como é Manuel María. Ó que durante este semana lle estamos rendindo homenaxe no cole.

KARAOKE GALICIA-- MANUEL MARIA


FOLIADA LETRAS GALEGAS II

Hoxe tamén seguimos de foliada e puidemos gozar co son da gaita e da pandeireta  de Adrián e Alba que nos tocaron "Son da sega" e  " O galo"
E o alumnado de sexto, deleitounos con outro recitado de poemas de "Soños na gaiola"

xoves, 19 de maio de 2016

CONTACONTOS KALANDRAKA

Álex e Patricia viñeron hoxe a coñecer a Pistacho e a biblioteca de Bembibre. Nela contaron co acompañamento dos instrumentos que moi ben toca Álex. Un dos contos que máis nos gustou foi "A que sabe a lúa". Mirade as fotos!!


FOLIADA LETRAS GALEGAS

Mirade o que montamos na biblioteca o mércores!! Temos unhas pandereteiras que o fan xenial!!Hoxe tocaron a "Muiñeira de Requesende". 
Tamén os nenos e nenas de 6º recitaron uns poemas de Manuel María "Os soños na gaiola". Foi unha xornada moi especial!!


O CARRO MANUEL MARÍA

domingo, 15 de maio de 2016

Ata a fin do mundo!!

Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria acompañaron ao alumnado de Secundaria  no último tramo do camiño de Cee ata o faro de Fisterra.
Tivemos un día moi agradable e soleado para esta camiñata, na que non faltaron grandes vistas a unha marabillosa paisaxe como é a da Costa da Morte!

Mereceu a pena todo o esforzo feito!!!