Preséntovos as ECOPATRULLAS, que se encargarán de vaciar e levar todos os residuos que separamos para os contedores amarelo, azul, verde e o composteiro. Teñen unha tarefa moi importante xa que tamén teñen que axudar ao resto do alumnado a saber separar os residuos que xeramos das merendas. Xa sabedes, as ECOPATRULLAS andan vixiando!! E entre todos temos que colaborar e botar os residuos só nos contedores habilitados.
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
luns, 22 de xaneiro de 2018
MURAL DA PAZ
Como vos dixemos, os tapóns no noso cole teñen moitos usos!! E grazas a todos os que trouxestes das vosas casas poidemos facer este mural tan bonito para o DíA da PAZ. Entre todos creamos este collage de tapóns no que se pode ver a pomba da PAZ e un MUNDO no que todos podemos axudar coas nosas mans.
domingo, 21 de xaneiro de 2018
Receitas, receitas!!!
Desta vez, Nico e a súa familia mandáronnos unhas magdalenas con pepitas que pola cara dos seus compañeiros estaban desexando probalas!!! E cónstanos que estaban moi ricas!! Grazasss
Alba de infantil trouxo unhas magdalenas con pepitas de chocolate que estaban deliciosas.
De verdade que temos uns reposteiros no cole que apuntan moi alto!!
PANCARTA
Xa temos a pancarta ben visible no colexio!!! Que todo o mundo saiba que no colexio estamos levando a cabo un proxecto sobre o coidado do medio ambiente. Nel traballamos como darlles novas utilidades a materiais que xa non usamos. Tamén separamos o lixo para contribuir a unha posible reciclaxe. Queremos concienciar a toda a comunidade educativa que se todos contribuímos podemos conseguir un mundo máis sostible!! Axúdanos!!
venres, 19 de xaneiro de 2018
CAMPO A TRAVÉS
Hoxe tivemos competición de Campo a través na Baña. Mirade que morea de fotos quitamos!! Todos o fixeron moi ben porque se esforzaron moito!! E con tanto esforzo, ás veces cae algunha medalliña!! Mirade!!!!
mércores, 17 de xaneiro de 2018
CONCURSO CARTEL ENTROIDO
Pistacho xa está pensando en disfrazarse. Tanto lle gusta o entroido que pensou en facer un concurso.
Os que queirades participar tendes que elaborar un cartel para anunciar o entroido no cole. Lembrade entregalo antes da data límite.
O gañador terá a satisfacción de ver o seu cartel por todo o colexio.
martes, 16 de xaneiro de 2018
Receitas viaxeiras
E como non ia ser menos, neste novo ano tamén imos disfrutar das receitas que as nosas familias nos envían!! Desta vez foi Noa de 5 anos a que fixo unhas riquísimas rosquillas!mmmmmm!!
mércores, 10 de xaneiro de 2018
Recollida de tapóns
Necesitamos que nos axudedes a conseguir moitos tapóns de plástico!! Pistacho tivo unha idea para usalos. Xa vos mostraremos o resultado!!
Lembrade non tiralos. Depositádeos na caixa que hai na entrada do cole.
martes, 2 de xaneiro de 2018
xoves, 21 de decembro de 2017
Consumo responsable en Nadal
Dende SOGAMA, envíannos un decálogo sobre consumo responsable en Nadal no que poderemos atopar consellos de interese para disfrutar destas Festas dunha forma sostible, mantendo comportamentos respectuosos co medio ambiente, reducindo o impacto sobre o seu peto e velando igualmente pola solidariedade e os beneficios sociais.
martes, 19 de decembro de 2017
Receitas viaxeiras
A familia de Carmen de 5 anos, mandounos un video sobre a experiencia que viviron ao ter a mochila viaxeira na súa casa!! Mirade que video máis divertido!!!!
Animádevos a facer o voso!!!
Vídeo Mochila Viaxeira Carmen from Mariña on Vimeo.
Animádevos a facer o voso!!!
Vídeo Mochila Viaxeira Carmen from Mariña on Vimeo.
Ricas receitas de Nadal
Seguimos con lambonadas de Nadal. Que gañas teño de que chegue a min a mochila viaxeira para poder levala a miña casa e disfrutar de todo o que contén. En especial do libro de receitas, que con só ver as fotos que nos mandades, xa nos entra a fame!!
Desta vez as artistas foron Irina de 4 aniños e Carmen de 5 anos. E a receita, foi a mesma! Un arboliño de masa follada e chocolate!!! Que éxito tivo esta receita!! E dende logo, eu creo que estaba para chupar os dedos!! Gracias por enviarnos as fotos dende as vosas casas!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















