bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 23 de abril de 2018

Xardín vertical

Hoxe presentámosvos o noso XARDÍN VERTICAL feito con botellas de plástico. Así dámoslle un segundo uso a esas botellas que irían a parar ao contedor. E grazas a estas botellas fixemos uns maceteiros nos que estamos plantando leitugas, fresas, plantas aromáticas, ornamentais,.. 

xoves, 19 de abril de 2018

Receitas viaxeiras!!

Este xoves chegaron máis receitas ao cole. Alma de infantil de 4 aniños trouxo unha rica mousse de chocolate para todos os seus compañeiros!! Mirade que pinta tan boa tiña!!! 
Nas fotos podedes ver a Alma coas mans na masa!!! E preparada co seu gorriño para actuar!!!!



luns, 16 de abril de 2018

Luns doces!!

Este luns non foi como todos os luns, xa que nos chegaron postres para endulzarnos a mañá!! Grazas a Ale de infantil B e a súa familia e a Dani de 5ºB e a súa familia por estes ricos doces!!!

xoves, 12 de abril de 2018

Máis receitas!!!

Máis doces para esta semana. Pepe, de infantil 4 anos, trouxo unha rica torta de mazá feita por el e pola súa familia. E segundo dixo Pistacho, que lle chegou o arrecendo a biblioteca, estaba moi saborosa!!!

venres, 6 de abril de 2018

XOGOS RECICLADOS!!!

GRAZAS a que todas as familias que están colaborando e mandando xogos feitos con material de reciclaxe, xa podemos montar a nosa ZONA DE XOGOS. Será no patio cuberto e abrirá o luns próximo. Temos unha morea de xogos de diferentes tipos, dende memory, 3 en raia, dominós, vasos comunicantes, ... Grazas por participar!!! En nada Pistacho e todos os nenos e nenas poderemos xogar e disfrutar con eles!!!

xoves, 5 de abril de 2018

Novas receitas viaxeiras

Que larpeiros viñemos das vacacións de Semana Santa!!! Dende 2º de primaria, Aroa e a súa familia fixeron un doce que é todo unha obra de arte. Uns mouchos de magdalenas con chocolate!! Mirade que orixinais quedaron!!!

martes, 3 de abril de 2018

Nova adquisición

Temos unha nova adquisión para o Recuncho das familias: "TODOS LOS NIÑOS PUEDEN SER EINSTEIN".
Con este libro podemos encontrar as claves para axudar aos nosos fillos a mellorar a súa capacidade e motivación aproveitando as súas cualidades. E en definitiva, axudarlle a ser feliz progresando na sociedade na que vive.

mércores, 21 de marzo de 2018

Receitas!

Esta semana, tocoulle a quenda a Xabier de Infantil 5 anos. Trouxo un rico biscoito de chocolate feito por el e a súa familia.  A papar!!!