bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
domingo, 29 de abril de 2018
venres, 27 de abril de 2018
Charla sobre a avespa asiática
Hoxe tivemos unha charla sobre a avespa asiática da man de Pablo e Manuel, empregados da empresa de fumigación Arumia. Explicáronnos como viven e se reproducen e as posibilidades que temos a nivel persoal para combatelas.
Poidemos contemplar a complicada estructura das súas colmeas, obras de auténtica arquitectura. Que traballo tan complexo!
Tivemos nas nosas mans avespas mortas e o máis asombroso foi ver en acción o dron con que fumigan os niños de velutinas.
Con eles aprendemos a elaborar trampas con botellas de plástico para frear esta especie invasora.

Se salvamos as nosas abellas destas inimigas, estarémonos salvando a nós mesmos.
CLICA NA IMAXE
xoves, 26 de abril de 2018
mércores, 25 de abril de 2018
martes, 24 de abril de 2018
luns, 23 de abril de 2018
DÍA DO LIBRO
Hoxe 23 de Abril, é o día Internacional do libro.
No cole xa estamos preparados para salir a facer o APADRIÑAMENTO LECTOR no que os maiores lles len un conto aos máis pequenos. Este ano como novidade vamos a regalarnos chapas feitas por nós mesmos, chapas personalizadas.
Tamén estamos elaborando AUDIOLIBROS que subiremos en breve ao blogue. Estade atentos!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)