Nova entregas de monicreques! Mateo Fraga, Raúl e Iván, animáronse a representarnos esta obriña! Grazas chicos!
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
venres, 24 de maio de 2019
"¿Quién ha sido?"
Nova entregas de monicreques! Mateo Fraga, Raúl e Iván, animáronse a representarnos esta obriña! Grazas chicos!
xoves, 23 de maio de 2019
"La brujita Mimí"
luns, 20 de maio de 2019
"Sete ratos cegos"
Primeiros participantes do concurso de monicreques! Mirade que conto máis divertido e que ben o fixeron! Grazas por participar familia!
venres, 17 de maio de 2019
Día das Letras Galegas
Feliz Día das Letras Galegas!! Esta semana no cole tivemos distintos actos con motivo da conmemoración deste día adicado a Antonio Fraguas. Asistimos a dous contacontos distintos: un achegounos aos bosques e a natureza reflictidos nas obras de Antonio Fraguas; e o outro aproximounos a un bo lote de pequenos e divertidos contos cos que nos sacou máis dun sorriso!
xoves, 9 de maio de 2019
domingo, 5 de maio de 2019
Doces para Infantil!
Este venres tivemos a sorte de probar unhas rosquillas dignas dun concurso! Jesús e a súa familia elaboraron estes doces para os máis peques do cole. Dende aquí as nosas felicitacións, estaban boísimas!
xoves, 2 de maio de 2019
Excursión a Santiago!
Este luns, o alumnado de infantil fixemos unha excursión a Santiago! Primeiro fomos ao cine ver unha película moi animado que nos fascinou, "El parque mágico". Logo xantamos e xogamos un ratiño tod@s xunt@s, para despois intentar coñecer un pouco máis a cidade montados en tren. Que ben o pasamos!!
sábado, 27 de abril de 2019
Día do libro con apadriñamento lector!!
Como cada ano, hoxe celebramos o Día do libro!! Esperamos polo bo tempo, e tivemos sorte, estivo unha tarde de venres estupenda para ler en calquera recunchiño do centro!! Os alumn@s maiores (padriños e madriñas) do cole elixiron un conto para lerllo aos máis pequen@s (afillados e afilladas). Entre tod@s pasamos unha tarde moi amena e alegre!
xoves, 25 de abril de 2019
Novos postres!!
Voltamos das vacacións coas pilas cargadas!! Desta quenda foron Carla de 3 anos e Luis de 1ºB os que nos quixeron agasallar cuns postres deliciosos; por unha banda un rico biscoito con pepitas de chocolate, e por outro xelatina!!!
xoves, 4 de abril de 2019
Resumos creativos!
O alumnado de sexto B levou a cabo unha tarefa moi divertida e creativa. Escolleron un libro que lles gustase moito e presentárono aos seus compañeiros a través de un resumo moi ilustrativo e vistoso. Botádelle un ollo veredes que ben lles quedaron!!
venres, 29 de marzo de 2019
Biscoito!!!
Grazas a José e a súa familia, hoxe os alumn@s de tres anos poideron degustar un biscoito moi moi rico!!
Os Electrecos!
Esta semana tivemos unha visita moi divertida na que aprendemos moitas cousas a ritmo de rap cos nosos amigos os Bolechas! Os alumnos de 2º e 3º de primaria puideron comprobar a importancia que teñen nas nosas vidas os aparellos electrónicos, os seus usos, a súa reciclaxe . . .
Estas foron as súas recomendacións:
Merca só aquilo que precises
Cada vez somos máis persoas no planeta e usamos máis aparellos eléctricos e electrónicos, polo que estamos enchendo a Terra de lixo electrónico, ademais de esgotar moitos recursos naturais necesarios para construír eses aparellos. Para evitalo fai un consumo responsable e merca só o que precises.
Cóidaos para que duren máis
Ás veces temos que cambiar un aparello que funciona ben porque precisamos outro con outras características (máis potencia, novas utilidades etc.). Pero non temos que inutilizalo: podemos usar o vello noutra estancia da casa, darllo a outra persoa que o poida necesitar ou mesmo levalo a un comercio de segunda man para que o aproveiten outros usuarios que, ademais, poderán mercalo a menor prezo que se fora novo.
Intenta arranxalos cando se estraguen
Moitas veces tiramos aparellos que poderían arranxarse facilmente. Igual que imos ao médico cando nos mancamos ou levamos a nosa mascota ao veterinario cando enferma, debemos intentar arranxar os aparellos estragados.
Cando xa non sirvan, lévaos a un punto de reciclaxe
Os RAEE son moi prexudiciais para o medio ambiente, xa que conteñen compoñentes que contaminan e mesmo poden resultar tóxicos. Por iso non podemos botalos nos contedores do lixo, e moito menos deixalos por aí, en calquera sitio. Debemos levalos aos lugares de reciclaxe, onde os aproveitan para facer aparellos novos e recuperan materiais valiosos para darlles outros usos.
Todas as persoas debemos implicarnos no coidado do medio ambiente e da nosa contorna!
domingo, 24 de marzo de 2019
Rosquillas para todos!!
Unha semana máis, os máis pequenos do cole volven a degustar un postre da mochila viaxeira. Roquillas feitas por Naiara e a súa familia. Aplauso para eles!!
xoves, 21 de marzo de 2019
Delicias!
Seguimos a deleitarnos coas receitas da mochila viaxeira!! Gracias a Iria de quinto curso e a súa familia por estes doces tan saborosos!
venres, 15 de marzo de 2019
Mmmm!!
Na aula de 3 anos, as familias cociñeiras estannos a sorprender!! Mirade vaia pastas nos trouxo hoxe Martina Bascuas, mmmm. . . Grazas familia!


Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















