bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta prehistoria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta prehistoria. Amosar todas as publicacións

sábado, 1 de xuño de 2019

Excursión Castro de Borneiro!

Este venres, o alumnado de infantil, pasou un espléndido día de sol de excursión pola comarca de Bergantiños. En primeiro lugar, visitaron o Castro de Borneiro e puideron de ver de primeira man tódalas cousiñas que aprenderan na aula. Logo, aproveitando o bo tempo, acercáronse á praia de Balarés (Ponteceso). No seu amplio pinar comeron, e de sobremesa, realizaron uns xogos moi divertidos na sombra co profe Antonio. E, como non podía ser menos, non podían marchar da praia sen xogar coa area e refresercar os pés na auga!!! Pasárono pipa!!

venres, 31 de maio de 2019

Excursión Parque Arqueolóxico Campo Lameiro!

Este mércores o alumnado de primeiro quixo pechar o seu traballo da Prehistoria en Galicia realizando unha viaxe ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, na que disfrutaron e aprenderon un montón!

Excursión Castro de Doade e Casa do Patrón!

O pasado venres o alumnado de segundo realizou a súa excursión de fiin de curso ao Castro de Doade e a Casa do Patrón, encadrado no proxecto que este ano abarcamos no centro "A Prehistoria en Galicia". Tiveron a oportunidade de aprender moitas cousas relativas a esta época: útiles, materiais de uso doméstico, funcionamento dos mesmos... deixámosvos unhas imaxes e un vídeo para que vos poidades facer unha idea do que viviron.








sábado, 2 de marzo de 2019

Fotos do entroido!!

Este ano, a Prehistoria en Galicia encheu as rúas de Bembibre cos seus preciosos disfraces, moitas grazas familias!! Logo pasamos un rato moi agradable no pabellón municipal bailando e vendo as actuacións de tódolos compañeiros. E para quentar a barriga. . . un chocolate e uns doces. Que ben o pasamos!!
Ver fotos

luns, 14 de xaneiro de 2019

Adiantámonos ao Entroido!!

Este curso queremos anticiparnos un chisco ao ENTROIDO e para iso precisamos da vosa colaboración. Estamos a traballar a "PREHISTORIA EN GALICIA" tanto en Infantil como en Primaria e queremos trasladar este tema ao ENTROIDO de xeito que as nenas e nenos se disfracen de prehistóricos. O disfrace pode abarcar desde o periodo das cavernas ata a vida castrexa. Para iso necesitamos que participedes coas vosas fillas e fillos na súa elaboración e poidan recorrer, ao igual que outros anos, as rúas de Bembibre.
Se vos serve de axuda, podedes ter en conta que:
- Unha bolsa de lixo pode servirvos de patrón e podedes recubrila con retais cosidos.
- Pode ser dunha peza, tipo vestido, con calzado recuberto de retais.
- Pode ser de dúas pezas: unha parte ata a cintura ou xeonllos máis un pantalón ou  saia.
- Pode levar gorro ou casco, acorde co disfraz.
- Podedes utilizar sacos de esparto...
- Calquer adorno ou complemento que queirades engadirlle que non sexa perigoso nin poida facer dano aos demais (lanzas, arcos, coitelos, escudos...).
- Non vos preocupedes porque os disfraces sexan todos distintos, incluso os dos propios compañeiros da clase.
- Lembrade reutilizar todo aquel material que teñades pola casa.

Aquí vos deixamos unhas imaxes por se vos serven de axuda.

Grazas pola vosa colaboración.