bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta excursión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta excursión. Amosar todas as publicacións

luns, 7 de febreiro de 2022

Excursión a Buño

 Os nenos e nenas de 2º de primaria asistiron o 27 de xaneiro a Buño, ao ecomuseo do Forno do Forte. Son 7 vivendas de familias que se adicaban a olería. Nesas casas tiñan o forno para cocer o pan e tamén era o seu lugar de traballo. As casas tiñan na planta baixa  a cociña e o taller e na planta alta o fumeiro e o cuarto. Tivemos unha guía de 10, grazas Lola por explicarnos todo tan ben!!!

Finalmente tivemos un taller de barro e vimos como se facían as pezas co torno. E cada un, poidemos facer a nosa peza de barro!! Foi xenial, aprendemos moito!!

Se queredes saber máis, mirade as fotos e o vídeo que fixemos.



mércores, 17 de novembro de 2021

Saída ao Museo de HIstoria Natural

Hoxe, o alumnado de 1º e 2º de primaria realizaron unha saída didáctica ao Museo de Historia Natural en Santiago de Compostela. Nela aprendemos os cinco reinos, paseamos pola fraga, coñecemos unha morea de minerais que hai no mundo, entramos a unha caixa forte con diamantes, tamén adentrámonos nunha mina onde se extraen os minerais, vimos un esqueleto dun gorila, aprendemos un pouco máis das tartarugas, dos invertebrados mariños, dos cantís, e dos diferentes animais que hai por todos os continentes. Ata atopamos  un cofre na mina e realizamos un escape room moi interesante. A verdade que foi unha visita moi interesante e completa.

Aquí tendes unha mostra deste día! 



xoves, 10 de xuño de 2021

Excursión ao Galipark

 Vaia semana tan divertida tivemos. Como nos gustou o Galipark en Padrón. Divertímonos moito facendo todas as actividades que alí tiñan: tiro con  arco, lasertag, tirolinas, pontes colgantes, rocódromo, deslizador acuático,... Pasámolo en grande!! Que falta tiñamos de volver un pouco a normalidade e disfrutar como enanos!!! 




venres, 8 de novembro de 2019

Excursión 1º e 2º

O alumnado de 1º, 2ºA e 2º B realizou onte unha saída ao Museo de Historia Natural de Santiago. Botádelle un ollo ás fotos porque creo que lles gustou moito.

domingo, 27 de outubro de 2019

Visita ao concello de Val do Dubra

Esta semana as nenas e nenos de segundo coñecemos o concello por dentro. Fomos cunha misión moi importante da que pronto vos chegarán noticias!! Aprendemos moitiiisimo e tratáronos moi ben! Moitas grazas ao alcalde e ao seu equipo por recibirnos!
Se queredes ver unha pequena parte do que foi a visita, clicade no seguinte video!

venres, 8 de xuño de 2018

Excursión á Coruña

Chegounos un video sobre a excursión que fixo o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria á Coruña, visita á Domus e a torre de Hércules.