bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

domingo, 24 de marzo de 2019

Rosquillas para todos!!

Unha semana máis, os máis pequenos do cole volven a degustar un postre da mochila viaxeira. Roquillas feitas por Naiara e a súa familia. Aplauso para eles!!

xoves, 21 de marzo de 2019

Delicias!

Seguimos a deleitarnos coas receitas da mochila viaxeira!! Gracias a Iria de quinto curso e a súa familia por estes doces tan saborosos!

venres, 15 de marzo de 2019

Mmmm!!

Na aula de 3 anos, as familias cociñeiras estannos a sorprender!! Mirade vaia pastas nos trouxo hoxe Martina Bascuas, mmmm. . . Grazas familia!

martes, 12 de marzo de 2019

A mochila viaxeira segue a facer das súas...

Que bo comezo de semana!! Onte Noa de primeiro trouxonos unhas galletas con Lacasitos que nos lamemos os dedos. Estaban moi ricas, grazas familia!

domingo, 10 de marzo de 2019

8-M Día da muller traballadora


No CPI de Bembibre queremos facer valer o labor da muller nas nosas vidas. Aquí vos deixamos un pequeno resumo. . .

sábado, 9 de marzo de 2019

Novo postre!

Desta quenda tocoulle aos máis pequenos degustar unhas rosquillas moi moi ricas. Grazas a Adriana e a súa familia por compartir con nós esta deliciosa receita!!

sábado, 2 de marzo de 2019

Fotos do entroido!!

Este ano, a Prehistoria en Galicia encheu as rúas de Bembibre cos seus preciosos disfraces, moitas grazas familias!! Logo pasamos un rato moi agradable no pabellón municipal bailando e vendo as actuacións de tódolos compañeiros. E para quentar a barriga. . . un chocolate e uns doces. Que ben o pasamos!!
Ver fotos

xoves, 21 de febreiro de 2019

Máis doces!

As receitas da mochila viaxeira estannos dando momentos moi doces! Grazas a Aday e a súa familia, hoxe os máis pequechos puideron probar unhas deliciosas rosquillas!

mércores, 20 de febreiro de 2019

Seguimos coa mochila viaxeira . . .

Desta quenda foron as alumnas de quinto curso as que nos sorprenderon cos seus postres viaxeiros. Grazas Iria, Nerea e Ariadna polos bombóns, o biscoito e o tronco nevado!

martes, 19 de febreiro de 2019

Campo a Través Porto do Son

Deixámosvos o vídeo da última competición de Campo a Través celebrada o pasado 25 de xaneiro.

luns, 18 de febreiro de 2019

A Garda Civil visita o colexio!

A semana pasada os alumn@s de sexto de primaria, recibimos unha charla informativa por parte da Garda Civil. O tema a traballar foi o acoso escolar; ademais de transmitirnos moita información, fixemos algunha que outra experencia para poder identificarnos coa persoa que sofre bullying. A actividade resultounos moi productiva. . .










venres, 15 de febreiro de 2019

Novo postre da mochila viaxeira!

Gracias á familia de Bruno, hoxe os nenos e nenas de tres anos puideron degustar unhas rosquillas boísimas!
Aplauso grande para eles por cociñar tan ben!






martes, 12 de febreiro de 2019

OS MÁIS PEQUENOS NA CORUÑA

Este luns os máis pequenos do cole tamén acudimos á Coruña a visitar o Acuario!! Comemos no Domus, logo visitamos os peixes, e aínda nos quedou tempo de merendar ao carón da Torre de Hércules! Mirade que ben o pasamos!!