O alumnado de 3º de pirmaria tivo a oportunidade de facerlle unha morea de preguntas a Xosé Antonio Touriñán, cómico, humorista e actor galego.
Pasámolo moi ben con el e rímonos moito. Sobre todo cando nos puxemos a contar chistes!!
Grazas Touri!!!
O alumnado de 3º de pirmaria tivo a oportunidade de facerlle unha morea de preguntas a Xosé Antonio Touriñán, cómico, humorista e actor galego.
Pasámolo moi ben con el e rímonos moito. Sobre todo cando nos puxemos a contar chistes!!
Grazas Touri!!!
Na xornada de onte e hoxe poidemos aprender, tocar e sentir a unha morea de bichos, sobre todo insectos, que nos trouxeron ao cole. Foi un taller moi emocionante e divertido, xa que non todos os días podemos coller na man unha tarántula ou un insecto folla. Botádelle un ollo as fotos!!!
Unha iniciativa que nace da colaboración de Atención Temperá e o profesorado de Ed. Infantil do C.P.I. de Bembibre. Destinado ao alumnado de 3 a 6 anos.
Pretende utilizar os recursos da contorna. Explorar, coñecer, xogar con distintos materiais reutilizados e ao alcance de todos e todas.
Cantas ganas tiñamos de que saíra do forno unha nova edición do xornal O Picoto. Esta nova edición está chea de novidades, imaxinación, aventuras, entrevistas, cultura, arte, receitas,.... Vamos que xa estades tardando en lelo e mirar todo o que alí trae.
A impresión desta nova edición coincide coa conmemoración do día das Letras Galegas.
Esta semana o alumnado de 4º, 5º e 6º viron o documental de Afundación "Outros camiños". Este documental, no que fan parte do camiño de Santiago, para valorar e comprender a diversidade funcional ou dis-capacidade (distintas capacidades). Logo interactuaron en directo co director e actor Rubén Riós.
Se queredes ver este documental cheo de aprendizaxe, sorrisos, apertas e bágoas onde os líderes dese camiñar, catro persoas con paralise cerebral, guiarán o resto do pelotón na aprendizaxe da relación das persoas coa diferencia humana, só tendes que clicar no seguinte enlace:
https://player.vimeo.com/video/644436863?h=cdc4d2c383
Un proxecto soportado polo espirito de superación, o esforzo e a recompensa que iso leva parello en todos os ámbitos da vida.
Hoxe, 2 de maio, é o día internacional contra o acoso escolar. Para traballar este día e durante todo o curso, veremos estas pintadas nos baños do cole con moitos dos lemas que nos mandastes. Tamén realizamos unha gran pancarta para colgar na entrada do cole co lema e o debuxo gañador.
Botádelle un ollo as fotos!!
Todos contra o acoso escolar!!!!
O clube de lectura de 1º de primaria está a traballar a moreas!
E aprendemos un montón de cousas! Decatámonos que a lectura é un camiño de sabiduría! Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra do que a cativada estivo a traballar ao longo destas semanas. Esperamos que vos guste tanto coma nós!
Aquí vos deixamos con moito agarimo o que fixemos para conmemorar o día de Rosalía. Na clase de artística, a mestra Catuxa uniu a música e maila ilustración e saiu este recitado de poemas ilustrados.
Aquí vos deixamos fotos e vídeos do día de hoxe. Foi unha festaza en toda regra!! Tivemos baile, música, chocolate e desfile polo pobo!!!
Disfrutade moito do entroido rapazada!!! Vémonos o xoves!!!
E o entroido está a chegar e Pistacho está feliz e contento porque é a época do ano que máis lle gusta. Pódese disfrazar do que queira e non ser recoñecido!!!! E tamén se pode fartar a orellas, filloas e cocido!!!
O venres teremos a grande festa de entroido no que poderedes vir disfrazados do que queirades. Pero este luns imos ir comezando pouquiño a pouco a converternos en alguén moi característico da cultura galega. A ver se o adiviñades!!!
Os nenos e nenas de 2º de primaria asistiron o 27 de xaneiro a Buño, ao ecomuseo do Forno do Forte. Son 7 vivendas de familias que se adicaban a olería. Nesas casas tiñan o forno para cocer o pan e tamén era o seu lugar de traballo. As casas tiñan na planta baixa a cociña e o taller e na planta alta o fumeiro e o cuarto. Tivemos unha guía de 10, grazas Lola por explicarnos todo tan ben!!!
Finalmente tivemos un taller de barro e vimos como se facían as pezas co torno. E cada un, poidemos facer a nosa peza de barro!! Foi xenial, aprendemos moito!!
Se queredes saber máis, mirade as fotos e o vídeo que fixemos.