Este curso queremos anticiparnos un chisco ao ENTROIDO e para
iso precisamos da vosa colaboración. Estamos a traballar a "PREHISTORIA EN
GALICIA" tanto en Infantil como en Primaria e queremos trasladar este tema
ao ENTROIDO de xeito que as nenas e nenos se disfracen de prehistóricos. O
disfrace pode abarcar desde o periodo das cavernas ata a vida castrexa. Para
iso necesitamos que participedes coas vosas fillas e fillos na súa elaboración
e poidan recorrer, ao igual que outros anos, as rúas de Bembibre.
Se vos serve de axuda, podedes ter en conta que:
- Unha bolsa de lixo pode servirvos de patrón e podedes
recubrila con retais cosidos.
- Pode ser dunha peza, tipo vestido, con calzado recuberto de
retais.
- Pode ser de dúas pezas: unha parte ata a cintura ou
xeonllos máis un pantalón ou saia.
- Pode levar gorro ou casco, acorde co disfraz.
- Podedes utilizar sacos de esparto...
- Calquer adorno ou complemento que queirades engadirlle que
non sexa perigoso nin poida facer dano aos demais (lanzas, arcos, coitelos,
escudos...).
- Non vos preocupedes porque os disfraces sexan todos
distintos, incluso os dos propios compañeiros da clase.
- Lembrade reutilizar todo aquel material que teñades pola
casa.
Aquí vos deixamos unhas imaxes por se vos serven de axuda.
Grazas pola vosa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario