bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 18 de febreiro de 2019

A Garda Civil visita o colexio!

A semana pasada os alumn@s de sexto de primaria, recibimos unha charla informativa por parte da Garda Civil. O tema a traballar foi o acoso escolar; ademais de transmitirnos moita información, fixemos algunha que outra experencia para poder identificarnos coa persoa que sofre bullying. A actividade resultounos moi productiva. . .










venres, 15 de febreiro de 2019

Novo postre da mochila viaxeira!

Gracias á familia de Bruno, hoxe os nenos e nenas de tres anos puideron degustar unhas rosquillas boísimas!
Aplauso grande para eles por cociñar tan ben!






martes, 12 de febreiro de 2019

OS MÁIS PEQUENOS NA CORUÑA

Este luns os máis pequenos do cole tamén acudimos á Coruña a visitar o Acuario!! Comemos no Domus, logo visitamos os peixes, e aínda nos quedou tempo de merendar ao carón da Torre de Hércules! Mirade que ben o pasamos!!

VISITA AO DOMUS E AO ACUARIO DO ALUMNADO DE PRIMARIA

O pasado venres o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria viaxou á Coruña para visitar o Domus e o Acuario. Pinchando na foto podes ver como foi a súa experiencia!

xoves, 7 de febreiro de 2019

Mochila viaxeira!

Esta semana a mochila viaxeira de 3 anos chegou ata a casa de Marco! Que ilusión lle fai a Pistacho descubrir un novo fogar! Mirade que proveito lle sacaron . . . 
Os seus compañeiros puideron comprobar o ricas que lle sairon as piruletas de chocolate, mmm . . . Moitas grazas Marco!

luns, 4 de febreiro de 2019

Visita familiar e musical!

A semana pasada tivemos a honra de coñecer a familia da nosa auxiliar de conversa, Caroline. Ademais de compartir un rato agradable connosco, viñeron acompañados dunha guitarra e un amplio repertorio musical, que fixeron que bailasemos e cantasemos todos entre letras e números. Foi moi divertido. Grazas familia!!




martes, 29 de xaneiro de 2019

Día da Paz

Mañá, 30 de xaneiro, celébrase o Día Internacional da Paz e non Violencia, e dende o noso cole organizamos un baile para conmemoralo. Mirade que ben o fixemos!!

Que delicia!!

Na aula de Infantil de 3 anos volveron aparecer os doces... Esta vez foi a familia de Martina Paulos a que nos deleitou con unhas galletas exquisitas!  Bo proveito chic@s!



!

luns, 28 de xaneiro de 2019

UNHAS TABLETS PARA O COLE!

Como recordaredes, o ano pasado quedamos segundos no programa de Sogama "Remexendo conciencias". Co premio pensamos en mercar unhas tablets!! Así poderemos achegar o noso cole un pouquiño máis ao mundo virtual. Os primeiros en usalas foron os alumnos de Infantil 5 anos. Que divertidas se fan as sumas na tablet! 





                                      

martes, 15 de xaneiro de 2019

PILABOT

Esta mañá, o alumnado de sexto de primaria recibiu unha pequena charla sobre o programa de reciclaxe de pilas no que estamos inmersos: PILABOT!!
Ademais de explicarnos cousas moi interesantes sobre as pilas e baterías, tamén tivemos tempo para facer uns pequenos xogos. Estes axudáronnos a reflexionar e aprender aspectos sobre o uso das pilas que, moitas veces, pásannos totalmente desapercibidos no noso día a día . . . Foi divertido!
 

luns, 14 de xaneiro de 2019

Adiantámonos ao Entroido!!

Este curso queremos anticiparnos un chisco ao ENTROIDO e para iso precisamos da vosa colaboración. Estamos a traballar a "PREHISTORIA EN GALICIA" tanto en Infantil como en Primaria e queremos trasladar este tema ao ENTROIDO de xeito que as nenas e nenos se disfracen de prehistóricos. O disfrace pode abarcar desde o periodo das cavernas ata a vida castrexa. Para iso necesitamos que participedes coas vosas fillas e fillos na súa elaboración e poidan recorrer, ao igual que outros anos, as rúas de Bembibre.
Se vos serve de axuda, podedes ter en conta que:
- Unha bolsa de lixo pode servirvos de patrón e podedes recubrila con retais cosidos.
- Pode ser dunha peza, tipo vestido, con calzado recuberto de retais.
- Pode ser de dúas pezas: unha parte ata a cintura ou xeonllos máis un pantalón ou  saia.
- Pode levar gorro ou casco, acorde co disfraz.
- Podedes utilizar sacos de esparto...
- Calquer adorno ou complemento que queirades engadirlle que non sexa perigoso nin poida facer dano aos demais (lanzas, arcos, coitelos, escudos...).
- Non vos preocupedes porque os disfraces sexan todos distintos, incluso os dos propios compañeiros da clase.
- Lembrade reutilizar todo aquel material que teñades pola casa.

Aquí vos deixamos unhas imaxes por se vos serven de axuda.

Grazas pola vosa colaboración.


mércores, 9 de xaneiro de 2019

Receitas de aninovo

Novas receitas que nos chegan dende a clase de 4 aniños. Lois tróuxonos  a proba dunhas deliciosas rosquillas!!!

martes, 8 de xaneiro de 2019

Campo a Través A Baña

Aquí vos deixamos un video sobre a competición de Campo a Través que se celebrou na Baña en decembro.