bibliobembibre@gmail.com
mércores, 1 de decembro de 2021
Carreira solidaria
venres, 26 de novembro de 2021
25N para a eliminación da violencia contra as mulleres
Hoxe tocou alzar a voz e poñer o noso gran de area para acabar coa violencia contra as mulleres. Dende o CPI de Bembibre realizamos unhas pancartas para visibilizar a nosa protesta contra esta lacra. Tamén o alumnado de 6º da man da nosa sempre profe Lucinda, realizaron unha obra de teatro con situacións da vida cotiá nas que se vive a violencia cara as mulleres.
Aquí tendes unha mostra do día.
mércores, 17 de novembro de 2021
Saída ao Museo de HIstoria Natural
Hoxe, o alumnado de 1º e 2º de primaria realizaron unha saída didáctica ao Museo de Historia Natural en Santiago de Compostela. Nela aprendemos os cinco reinos, paseamos pola fraga, coñecemos unha morea de minerais que hai no mundo, entramos a unha caixa forte con diamantes, tamén adentrámonos nunha mina onde se extraen os minerais, vimos un esqueleto dun gorila, aprendemos un pouco máis das tartarugas, dos invertebrados mariños, dos cantís, e dos diferentes animais que hai por todos os continentes. Ata atopamos un cofre na mina e realizamos un escape room moi interesante. A verdade que foi unha visita moi interesante e completa.
Aquí tendes unha mostra deste día!
luns, 8 de novembro de 2021
Soños terroríficos
Despois de ler todos os soños terroríficos entregados no certame que se convocou para o Samaín, só podemos felicitarvos polo gran traballo realizado. E para iso, repartimos entre todos os participantes estas chapas diseñadas especialmente para esta ocasión. Moitas grazas a todos por participar!!!
sábado, 30 de outubro de 2021
SAMAÍN E MAGOSTO
Que ben o pasamos hoxe. Foi un día moi especial e diferente. Disfrutamos moito porque poidemos vir disfrazados ao cole. Ata os profes estaban disfrazados!!! Tamén decoramos o cole para a ocasión. O que máis nos gustou foi decorar as portas do cole.
Despois no recreo tamén celebramos o Magosto, comemos castañas a esgalla! Estaban boísimas! E para rematar o día fixemos un taller de Samaín nas nosas aulas!!!
Aquí vos deixamos mostra do día tan intenso que tivemos! Aproveitamos para desexarvos unha boa ponte e que descansedes moito. Vémonos pronto!!!
martes, 26 de outubro de 2021
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Aquí vos deixamos unha mostra do que disfrutamos deste día. Xa que temos a biblio en obras, quitamos os libros ao patio e puxémonos a ler cos raíños de sol. Que mellor maneira de conmemorar este día que lendo libros!!!
domingo, 24 de outubro de 2021
Día das bibliotecas
Hoxe, día 24 de outubto, día das bibliotecas, vos deixamos unha presentación que fixemos para conmemorar este día. Ademais das actividades que se realizarán no cole, con esta presentación podemos aprender e coñecer algunhas das bibliotecas máis importantes do mundo!!!
venres, 22 de outubro de 2021
Roteiro á fervenza do Rexedoiro
Ola a todos!!! Aquí vos deixamos as fotos do alumnado de 3º que hoxe fixo un roteiro polos arredores de Bembibre. En concreto, fixeron o roteiro cara a fervenza do Rexedoiro. Foi algo durilla pero dende logo, vendo as fotos, mereceu a pena. Na camiñata fomos coñecendo e observando diferentes plantas e árbores da contorna e tamén recalcamos a importancia de manter limpos os montes e coidalos.
Visita de Charo Pita
A semana pasada tivemos a visita da escritora Charo Pita para ensinarnos o seu libro "No país do vento". O alumnado de infantil puido disfrutar dun contacontos musicado da man desta gran escritora que nos contou as aventuras que lle pasaron no país do vento.
martes, 12 de outubro de 2021
Alumnado 2021/2022
venres, 24 de setembro de 2021
Benvidos ao curso 2021-2022
Benvidos a un novo curso, un curso tamén diferente porque nos segue acompañando o Covid e tamén porque estamos de obras no cole. Pero con todo isto, seguimos tendo moita ilusión e gañas de aprender e pasalo ben.
Este ano temos moitas caras novas no cole, moitos profes que chegaron a Bembibre para lles compartir as nosas experiencias, aprendizaxes, xogos,... En breve subiremos as fotos de todos os grupos.
Damos comezo a un novo curso cargado de ilusións, onde esperamos aprender e ensinarnos moito uns a outros, pero onde o obxectivo principal é ser cada curso un pouquiño mellor.
xoves, 24 de xuño de 2021
Festa fin de curso
E ata aquí un curso máis, un pouquiño especial pero con moita ilusión e gañas de desfrutalo. Pasou voando, como todos os curso. Moitas grazas a toda a comunidade educativa por colaborar e facernos un pouco máis fácil este curso. Grazas tamén aos nenos e nenas por como se adaptaron a esta nova normalidade e o ben que o levaron, sen dúbida, os mellores!!!!
Desfrutade moito moito do verán e das tan merecidas vacacións!!! Vémonos no vindeiro curso!!!
UNha aperta, Pistacho!!
P.D.: Aquí vos deixamos unhas fotos da festa que tivemos este luns no patio!!
mércores, 23 de xuño de 2021
Graduados Infantil e 6º de EP
Finalizou o curso e con el comeza unha nova etapa para o alumnado de infantil e 6º de EP. Aquí vos deixamos a foto da orla dos nosos graduados. Parabéns!!!!
domingo, 20 de xuño de 2021
Graduación 6º de Infantil
Este venres os pequechos de infantil viviron un día moi bonito e emotivo. No auditorio, os nenos e nenas e as súas familias, acompañados da súa titora Noelia, poideron disfrutar dun momento moi especial xa que para eles remátase unha etapa e había que celebralo por todo o alto. A súa profe preparoulles unha actuación e tamén un emotivo vídeo con fotos que lembraban os momentos vividos estos tres anos. Despois recibiron o seu diploma e a súa orla. Ian todos guapos e elegantes co seu birrete!! Que grandes se nos fixeron!!! Parabéns graduados/as!!!!!
xoves, 17 de xuño de 2021
Visita de Tanissha
Hoxe tivemos unha visita moi especial. Veu ao cole unha nena que vive coa mestra María e que veu a estudar e coñecer Galicia. Chámase Tanissha e veu de Malasia. Gracias a ela coñecemos a vestimenta tradicional e tamén un pouquiño as súas costumes e forma de vida. Aquí vos deixamos unhas fotos.













