E velaquí todos os conxuros que se elaboraron polo alumnado de infantil e primaria. Non perdades ollo e tomade nota porque no CPI de Bembibre temos conxuros para todo: para crecer, contra o aburrimento, para darlle vida a una cabaza, para aprobar, para que os soños se fagan realidade, para espantar a bruxas,...
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
domingo, 30 de outubro de 2016
venres, 28 de outubro de 2016
Talleres de Samaín
Hoxe no cole, o día foi diferente e especial!! A maioría dos nenos e nenas poideron disfrutar dos talleres que tiñamos preparados polas aulas! Entre elas había taller de caretas, xogos variados, taller audiovisual, taller interactivo, xogos de mesa, contacontos,... Pasámolo pipa, sobre todo porque iamos disfrazados e pintados para celebrar o Samaín como se merece!!
xoves, 27 de outubro de 2016
mércores, 26 de outubro de 2016
As primeiras cabazas xa están no cole!!!
Mirade que grandes talladores/as de cabazas temos en Bembibre!!!
Comezan os contacontos terroríficos!!!!
Na media hora do proxecto lector, os maiores lennos na biblio contos que nos fan tremer un pouquiño de medo!! Mirade!!
luns, 24 de outubro de 2016
luns, 17 de outubro de 2016
O SAMAÍN XA ESTÁ AQUÍ
Está todo preparado para a celebración do Samaín. Bótalle un ollo a todo o que imos a facer no cole.
sábado, 15 de outubro de 2016
Coidalibros curso 2016-2017
Con este vídeo presentámosvos aos COIDALIBROS deste curso. Non dubidedes en pedirlle axuda se a necesitades!!!
luns, 10 de outubro de 2016
Novo curso, nova biblio!!
Pistacho, ainda que foi este verán a Río, aos Xogos Olímpicos, tamén tivo tempo para traballar na biblio e ter novidades no seu funcionamento. Entre elas, temos marcadores personalizados. Cada neno e nena terá o seu marcador para poder coller un libro na biblio, tamén temos novos carnets para poder facer préstamos, seguimos catalogando para ter todo informatizado, e agora no recreo da tarde terás un caixón con una gran selección de libros para poder coller!!
Acércate a biblioteca para ver as novidades e axúdanos a tela coidada e organizada!! PISTACHO espérate!!!!
martes, 4 de outubro de 2016
Connosco Xandobela!!
Esta semana o alumnado de 4 e 5 anos de infantil tiveron a sorte de volver a ver a Xandobela!! Contáronnos varios contos para tratar as emocións!! Gustáronnos moito! E para rematar a sesión fixemos un dragón para que nos axude a pasar eses enfados que a veces nos veñen pola barriguiña!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)