bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta muller traballadora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta muller traballadora. Amosar todas as publicacións

domingo, 8 de marzo de 2020

8 de Marzo-Día da muller

Hoxe 8 de marzo, día da muller, xornada para reivindicar a igualdade de xénero. No cole organizamos unha charla- coloquio este pasado venres, con dúas mulleres que saben ben disto: Lucía Otero, adestradora do Depor da Liga Genuine ( xogadores con discapacidade intelectual). E Elena Casal, árbitra da Primeira División Femenina de España.
Gracias a elas, tivemos unha charla moi interesante sobre o seu traballo e como lle costou chegar ata onde están. Tamén nos fixeron ver que ainda queda moito por loitar para mellorar as condicións da muller e loitar pola superación dos atrancos.


xoves, 9 de marzo de 2017

ELAS SEMPRE CONTAN

Moitas gracias a todas as familias por colaborar no noso mural "ELAS SEMPRE CONTAN". Gracias a vós, mulleres, poidemos facer máis visible a vosa labor como nais, tías, avoas, madriñas,.... GRACIAS por encher o noso mural de luz e alegría!!!



























mércores, 8 de marzo de 2017

8 de Marzo DÍA DA MULLER

O día de hoxe foi moi especial por todo o que fixemos e sentimos! Pola mañá asistimos a unha charla-coloquio de mulleres de aquí de Bembibre que tiveron a amabilidade de virnos contar a súa vida e como influiu o xeito de ser muller para certos aspectos. Moitas gracias a Cibeles, Carmita, Cristina, Carmen e Avelina!!! Elas, sempre contan e contan moito! Gracias a elas, poidemos sentir o difícil camiño que tiveron ( e seguen tendo) as mulleres en diferentes épocas!

E pola tarde tivemos a presentación dun libro, " UN ESPIÑOSO RAMO DE CHORIMAS". Todos os seus autores viñeron a visitarnos. Claro que viñeron, porque estaban aquí o ladiño!! Son os nenos e nenas de 1º ESO do cole coa súa profe Lucinda!! Léstedes ben, os escritores do libro son compañeiros nosos!!! MOITAS FELICIDADES!!!