bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta Fina Casalderrey. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fina Casalderrey. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de abril de 2017

Fina Casalderrey

E por fín chegou o día!! Fina Casalderrey veu visitarnos ao cole!! Visitounos na nosa biblioteca de Pistacho na que os nenos de infantil e 1º e 2º de primaria a estaban a esperar. Pasámolo moi ben falando con ela! E despois pasou pola biblioteca de Secundaria na que estaba o alumnado de 4º, 5º e 1º da ESO! Recibímola con gaitas!!! O alumnado de 1º da ESO tíñalle preparada unha presentación, o alumnado de 5º un recitado do libro "Un misterio na mochila de Alba" e o alumnado de 4º unha entrevista para saber máis sobre Fina!! Aquí tedes unha pequena mostra do que foi a visita de hoxe!  Gracias FINA!!!!



















venres, 27 de maio de 2016

FINA CASALDERREY

Que sorte tiveron os nenos de 3º, 4º e 6º de primaria. En pleno centro de Pontevedra, nun bonito parque, veunos visitar Fina Casalderrey e escribiunos dedicatorias nos libros que lle levamos!!! Foi xenial!! Moitas grazas Fina pola túa paciencia e por facernos unhas dedicatorias tan especiais!!