bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 31 de outubro de 2017

HALLOWEEN BY SHELVY

Hoxe a nosa auxiliar de conversa de Illinois, SHELVY,  fíxonos unha presentación sobre o Halloween.

E despois fixemos a entrega de premios. Para o xurado foi unha labor moi ardua.  Quixemos darlle premios a todos os nenos e nenas porque realmente fixeron obras de arte!! Darvos as grazas as familias por participar sempre que se volo pide!!


MONSTROS PREMIADOS!!!



luns, 30 de outubro de 2017

Máis postres!!!!

Valentino de 4 anos fixo unha riquísima tarta de chocolate na súa casa e coa axuda da súa familia. MOi boa pinta!!!
E Kevin de 5 anos fixo unhas magdalenas que tamén tiñan unha pintaza moi boa!!!








MAGOSTO


SAMAÍN

Día de talleres e disfraces terroríficos!!!! Ata no comedor foi unha comida diferente e arrepiante!

venres, 27 de outubro de 2017

REMEXENDO CONCIENCIAS

Temos o pracer de presentarvos un novo proxecto que empezamos moi ilusionados. Un proxecto que trata sobre un tema moi importante, sobre o coidado do mundo que nos rodea. O proxecto que vos presentamos quixemos titulalo: "REMEXENDO CONCIENCIAS". 

Ao longo deste curso centraremos todas as nosas actividades no coidado do medio ambiente e todo o que conleva iso.

Ligado ao noso PDI (Proxecto Documental Integrado),  decidimos participar no programa "RECÍCLATE CON SOGAMA", que nos axudará con material, charlas, talleres e demáis actividades a conseguir os obxectivos que nos propoñemos.

Entre eles sensibilizar a toda a nosa comunidade escolar sobre a importancia da reutilización, reciclaxe e redución dos materiais que xeramos. O coidado e a preservación debe de ser un dos pilares fundamentais da nosa educación e acción sobre a Terra. A reciclaxe está ligada a sustentabilidade, cantos máis materiais se reduzan, reutilicen e reciclen menos material descartaremos e o medio ambiente sufrirá menos o crecemento permanente e desorganizado do lixo que xeramos.

E para comezar, hoxe no patio do cole, enterramos diversos materiais, que desenterraremos pasados uns meses para ver se son biodegradables ou non. Con esta actividade queremos concienciar ao alumnado sobre o lixo que producimos e o que tarda en degradarse na natureza. Chamámoslle
O HORTO DA CONCIENCIA


CONTACONTOS DE SAMAÍN

Como en anos anteriores vimos facendo, as aulas dos maiores lenlles un conto de medo as aulas dos máis cativos!!!



mércores, 25 de outubro de 2017

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO DE MONSTROS

MARTES 31 NA HORA DO RECREO PEQUENO

Monstros monstruosos!!!

Gracias a todos e todas por haber participado no concurso de monstros para o Samaín. Debido a gran participación, calidade e orixinalidade das aportacións e para agradecervos o gran traballo realizado xunto cos vosos fillos, estarán expostas na entrada do colexio durante dúas semanas. Vide a velas cando queirades, dentro do horario lectivo (excepto de 14.30-15.00).



martes, 24 de outubro de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA

Desde hai 20 anos, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, recordando así a destrución da Biblioteca de Sarxevo incendiada no ano 1992 durante a Guerra dos Balcáns. 
Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía.

E nós celebrámolo dunha maneira moi particular!! Pistacho veu gardando dende que chegou a Bembibre, todas as plumas que lle foron caendo. 
E quixo compartilas con nós a modo de marcapáxinas. 

Ricos postres

Estos días chegáronnos máis postres ao cole. Eva e Carla de 5 anos, trouxéronnos unha tarta e unhas rosquillas!! Que pola cara destes larpeiros debían estar ben ricas!!
E na aula de 5anos B, Izan tróuxonos a proba dunhas ricas magdalenas!! 





venres, 20 de outubro de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 de Outubro é o día da BIBLIOTECA ESCOLAR. Pero non só da biblioteca de Pistacho, senón de todas as bibliotecas do mundo!!
E PISTACHO púxose tan ledo, que quere regalarvos as súas plumas!!! Si, oistes ben!! Vai a darvos plumas para que usedes de marcapáxinas nos vosos libros!!!

Estades todos convidados, o martes na hora do recreo, a vir polo voso agasallo!!

sábado, 14 de outubro de 2017

Camiñante, non hai camiño, faise camiño ao andar

E como queremos facer camiño, esta vez tocou saír da biblio de Pistacho e do cole e deixar as nosas pegadas como peregrinos no Camiño francés cara Santiago de Compostela. 
Sen volver a vista atrás, conseguimos deixar Sarria e chegar a Portomarín! Con pedras e po no camiño, con moitas costas e baixadas, coa suor na fronte pero con moitas gañas de crecer e facer camiño. 
Foi unha experiencia moi boa na que disfrutamos da natureza e das marabillosas paisaxes que nos brinda Galicia. Veunos xenial porque este ano imos a realizar un  proxecto a nivel de centro chamado "Remexendo conciencias" no que imos ver as diferentes paisaxes e como coidalas. E neste tramo do  camiño vimos as paisaxes tan bonitas que ten Galicia e tamén apreciamos a escaseza de auga que ten o solo.
Sen lugar a dúbidas, unha experiencia única!  BO CAMIÑO!