bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta dia do libro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dia do libro b>. Amosar todas as publicacións
venres, 22 de abril de 2022
23 de abril INAUGURACIÓN da nova BIBLIOTECA
Hoxe Pistacho ten o pracer de ensinarvos a nova biblio. Unha biblio que se fixo con moita ilusión e gañas de que vos gustara moito. Unha biblio na que as mesas e as estanterías altas xa non son as protagonistas. Unha biblio con moitos recunchos e moitas aventuras. Un espazo máis amplio e luminoso. Un espazo para xogar e aprender.
Esperamos que vos guste moito. Agora tócanos coidala para que nos dure moito.
venres, 23 de abril de 2021
23 de Abril- Día do libro
Hoxe, 23 de abril é o día do libro. Contan que se conmemora ese día para fomentar a lectura. E coincide coa morte de escritores moi importantes como Shakespeare e Cervantes.
Nós, no cole, para celebrar este día sempre facíamos o Apadriñamento lector. Pero este ano polo Covid, decidimos que a lectura sexa a distancia. Os maiores graváronse lendo un conto, que llo proxectarán nas aulas.
Tamén decoramos o cole con flores primaverales con recomendacións de lecturas que nos gustan moito.
Aí vos deixamos as lecturas dos contos!!!
luns, 27 de abril de 2020
23 de Abril: DÍA DO LIBRO
Aquí vos deixamos o video de todas as fotos e vídeos que nos mandastes recomendando lecturas!!! Moitas gracias por participar!!!
sábado, 27 de abril de 2019
Día do libro con apadriñamento lector!!
Como cada ano, hoxe celebramos o Día do libro!! Esperamos polo bo tempo, e tivemos sorte, estivo unha tarde de venres estupenda para ler en calquera recunchiño do centro!! Os alumn@s maiores (padriños e madriñas) do cole elixiron un conto para lerllo aos máis pequen@s (afillados e afilladas). Entre tod@s pasamos unha tarde moi amena e alegre!
martes, 24 de abril de 2018
domingo, 30 de abril de 2017
martes, 25 de abril de 2017
23 de Abril DÍA DO LIBRO
Este luns celebramos no cole o día do libro, sacando os libros ao patio. Da man dos padriños e madriñas ian os afillados e afilladas para recibir un agasallo: unha lectura! A cambio, recibían un marcapáxinas dos seus afillados/as! Todo esto trascorreu no patio nun día solleiro!!! Foi una tarde moi entretida.
Pero ainda nos quedan sorpresas para seguir celebrando o día do libro. Xa que Pistacho contactou cunha das escritoras máis importantes da literatura galega, sabedes xa quen é? Sen lugar a dúbidas, FINA CASALDERREY vennos visitar este venres a biblioteca de Pistacho!
venres, 24 de abril de 2015
APADRIÑAMENTO LECTOR
A de hoxe foi unha xornada moi especial. Celebramos o día do libro. E para festexalo sacamos os libros ao patio.
Cada padriño e cada madriña escolleron co seu afillado ou afillada o recuncho favorito do patio para disfrutar do conto que tiñan preparado.
Gozamos dunha divertida xornada e dun estupendo día de sol contando e escoitando historias do máis divertidas e interesantes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






