bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta radio Tv Bembibre. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta radio Tv Bembibre. Amosar todas as publicacións

domingo, 17 de maio de 2026

A NOSA VOZ PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Hai historias que se len… e outras que se escoitan. Este ano, para celebrar o Día das Letras Galegas 2026, o noso alumnado deu un paso máis alá: converteuse en narrador e narradora, levando os contos á radio para enchelos de vida, emoción e identidade.

Ao longo das últimas semanas, no noso estudio de radio, o alumnado mergullouse no mundo da narración oral.  O resultado é unha colección de historias únicas, contadas desde a frescura e a creatividade de quen está descubrindo o poder das palabras.

Esta iniciativa non só busca fomentar a lectura e o uso do galego, senón tamén reivindicar a tradición oral, tan presente na nosa cultura. Porque contar historias sempre foi unha forma de unir xeracións, de transmitir valores e de manter viva a lingua.

Poñede os cascos, subide o volume… e deixade que o galego soe con forza.

Bo Día das Letras Galegas!


mércores, 16 de maio de 2018

LEDICIA COSTAS

Hoxe tivemos con nós a Ledicia Costas. Escritora galega que recibiu innumerables premios polos seus libros. Entre eles, soaravos "Escarlatina, a cociñeira defunta", "Esmeraldina, a pequena defunta" ou "A señorita Bubble". 
Como non podíamos desaproveitar a ocasión, fixémoslle unha pequena entrevista para coñecela un pouco mellor. Tamén o alumnado de 6º lle tiña preparado un recitado, "Do A ao Z" sobre a súa vida e obra. 
Tampouco faltou a sesión de firma de libros.
Moitas grazas Ledicia por acompañarnos nesta semana das Letras!!

Aquí vos deixamos imaxes e un video do acontecido.

venres, 17 de novembro de 2017

"MUNDOSUEÑO"

Así é o título do libro que escribiu Elias Noel, do que temos o pracer de coñecer moi de cerca xa que forma parte do noso colexio. POis si, ledes ben, Elías é mestre no noso cole e tivemos a sorte de contar con el para presentarnos o seu libro " Mundosueño". Un libro con moita maxia e que nos invita a soñar!
Téndelo na biblio para poder lelo. 

luns, 13 de novembro de 2017

2º ETAPA: PORTOMARÍN-PALAS DE REI

O venres 10 de novembro fixemos a 2º etapa do Camiño de Santiago, Portomarín- Palas de Rei. Como novidade nesta etapa, aproveitamos para realizar algunha preguntiña aos peregrinos que nos fomos atopando.

O último video é un resumo de todo o que fomos vendo e por onde fomos pasando. Como na etapa anterior foi unha experiencia única e moi enriquecedora.


venres, 28 de abril de 2017

Fina Casalderrey

E por fín chegou o día!! Fina Casalderrey veu visitarnos ao cole!! Visitounos na nosa biblioteca de Pistacho na que os nenos de infantil e 1º e 2º de primaria a estaban a esperar. Pasámolo moi ben falando con ela! E despois pasou pola biblioteca de Secundaria na que estaba o alumnado de 4º, 5º e 1º da ESO! Recibímola con gaitas!!! O alumnado de 1º da ESO tíñalle preparada unha presentación, o alumnado de 5º un recitado do libro "Un misterio na mochila de Alba" e o alumnado de 4º unha entrevista para saber máis sobre Fina!! Aquí tedes unha pequena mostra do que foi a visita de hoxe!  Gracias FINA!!!!



















domingo, 19 de marzo de 2017

"UN ESPIÑOSO RAMO DE CHORIMAS"

Por fin temos o video que nos mostra a xornada de presentación do libro "Un espiñoso ramo de chorimas" escrito polos nenos e nenas agora en 1º da ESO e que no momento de escribir este libro estaban en 5º de primaria coa súa profe Lucinda!

mércores, 1 de febreiro de 2017

Noticiario de PAZ 5º

Os reporteiros de 5º de primaria presentáronnos a un dos presidentes de Uruguay, José Mujica. Un presidente diferente. Escoitade un cachiño da súa vida.

domingo, 29 de xaneiro de 2017

SOMOS HUMANOS

E como todo reporteiro, os de Bembibre tamén tivemos os nosos erros en plató. Aquí van unhas poucas TOMAS FALSAS que xurdiron despois de gravar estos noticiarios para o día da PAZ. Unha vez máis moitas grazas por vernos e por seguirnos en RADIO TV BEMBIBRE!! Estes reporteiros naceron para informarnos e sacarnos uns cantos sorrisos!! Un aplauso para todos eles!!!


NOTICIARIO DE PAZ 4ºA

Un día máis os reporteiros do CPI de Bembibre informan do máis destacado da actualidade, da sociedade, ... todo isto sempre na túa RADIO TV BEMBIBRE. Se é noticia, aquí contámoscho!! 
A noticia de hoxe: A chegada da PAZ a COLOMBIA!!!
Así son as cousas e así volas contamos!!!


venres, 27 de xaneiro de 2017

NOTICIARIO DE PAZ 1º

E seguimos con máis noticias, máis novidades sobre personaxes de paz. Agora tócalle quenda aos reporteiros de 1º de primaria. Grazas a eles imos coñecer a vida de Evo Morales, o presidente de Bolivia!!!


Noticiario de PAZ 2º

E seguimos informando en RADIO TV BEMBIBRE!! Os nosos reporteiros non descansan. Desta vez, son as periodistas de segundo informando sobre unha pintora e poetisa mexicana, Frida Kahlo.
Seguimos en directo!!

xoves, 26 de xaneiro de 2017

NOTICIARIO DE PAZ 4ºB

E seguimos cos reporteiros na RADIO TV BEMBIBRE!! Os nenos de 4º B trouxeron un convidado moi especial. Guillermo Fariñas, un activista pola Paz chegado dende Cuba!!

NOTICIARIO DE PAZ 6º

Os nosos corresponsais en Bembibre están informando en directo sobre a PAZ. Damos paso  aos rapaces e rapazas de 6º. 
Sigue a nosa canle RADIO TV BEMBIBRE! Estamos onde está a noticia! 


mércores, 7 de decembro de 2016

Radio TV Bembibre

Temos o pracer de presentarvos a nova Radio TV Bembibre. Unha nova andaina que imos a realizar para informarvos de diferentes acontecementos que ocorren no CPI de Bembibre. Na Radio TV Bembibre terá cabida tanto entrevistas, charlas, acontecementos varios, recomendacións,...
E para inaugurar este novo medio de comunicación, vamos a mostrarvos a primeira entrevista que lle realizamos a Paco Nogueiras, músico e actor que veu a visitarnos esta semana.

Gracias por seguirnos!!!